O presidente provincial, Luis Menor, continúa coa rolda de contactos con todos os alcaldes da provincia. Na reunión con Manuel Pérez, tamén se analizou o importe do Plan CooperOU, de 163.000 euros, que lle corresponden este ano a este municipio
O provincial, Luis Menor, recibiu na Deputación ao alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, continuando así coa rolda de contactos con todos os rexedores da provincia, coa fin de estreitar os lazos de cooperación entre as entidades locais e a administración provincial.
Así, ademáis de analizar o importe do plan de cooperación da Deputación (CooperOU) para este ano con Paderne de Allariz, que ascende a máis de 163.000 euros, Luis Menor e Manuel Pérez exploraron outras liñas de colaboración, como que a centrada “no investimento de máis de 200.000 euros para a estrada provincial que une este municipio con Esgos, pola gran importancia que ten para a mobilidade entre ambos municipios”, explicou Menor. “Tamén brindaremos desde a Deputación a colaboración técnica necesaria para realizar os informes preceptivos para implantar en Paderne de Allariz unha área industrial”, explica o presidente provincial, avanzando tamén a cooperación da Deputación coa creación dunha nova área recreativa e de servizos no municipio na que tamén se implicaría a Xunta de Galicia, así como diversas colaboracións en materia de cultura e deportes.