A Deputación promociona a provincia na feira de ecoturismo e productos ecolóxicos Biocultura, en A Coruña

adminON
Lectura mínima de 1

O goberno provincial, a través do Inorde, divulga durante a fin de semana a Vía da Prata, os xeodestinos Terra de Celanova-Serra do Xurés e Valdeorras e os ecobarcos, entre outras iniciativas

Trátase da feira de ecoturismo e produtos ecolóxicos de Galicia 

A Deputación de Ourense, a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) e en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, participa esta fin de semana en Biocultura, a feira de ecoturismo e produtos ecolóxicos, que se celebra en EXPOCoruña. 

O expositor provincial informará e divulgará propostas de turismo ecosostible, entre as que destacan a Vía da Prata, os xeodestinos ourensáns  Terra de Celanova-Serra do Xurés e Valdeorras e os ecobarcos do Ribeiro e o Xurés.

Comparte este artigo