Home Terra de Celanova A Merca A Merca enxalza os seus oficios tradicionais coa celebración da XII festa...

A Merca enxalza os seus oficios tradicionais coa celebración da XII festa de exaltación do porco ó espeto

- Anuncio -

O evento gastronómico organizado pola Asociación “A peneda da lebre”, coa colaboración da Deputación de Ourense, do Inorde e do Concello da Merca, terá lugar o vindeiro sábado, 2 de setembro, nun enclave patrimonial de referencia na nosa provincia como é o conxunto de canastros deste municipio

O Concello da Merca renderá homenaxe ás súas raíces coa celebración da XII edición da Festa de Exaltación do Porco ó Espeto que ten un profundo arraigo popular porque enxalza os seus oficios tradicionais de marrelleiros e tratantes que durante moitos anos foron os traballos por excelencia deste pobo que a día de hoxe aínda conserva un censo importante de gandeiros. O evento gastronómico organizado pola Asociación “A peneda da lebre”, coa colaboración da Deputación de Ourense, Inorde e do Concello da Merca, terá lugar o vindeiro sábado, 2 de setembro, nun enclave patrimonial de referencia na nosa provincia como é o conxunto de canastros deste municipio.

A festa foi presentada hoxe na sala de prensa do Pazo Provincial, acto no que participou o deputado provincial delegado de Representación Institucional, Rosendo Fernández; o presidente da asociación “A peneda da lebre”, Manuel Carrera Grande; e o concelleiro de Cultura e Deportes do Concello de A Merca, José Benito Sampedro Feijóo.

Rosendo Fernández dixo que esta celebración non só exalta un produto gastronómico “saudable e de calidade da nosa provincia”, senón que tamén “mestura a historia e a tradición dun pobo”. Neste sentido, o deputado provincial lembrou que esta festa ten as súas orixes no século XVII, en torno ao ano 1620, coa figura dos marrelleiros ou tratantes de porcino. Unha importante actividade que daría lugar á celebración, os días 26 de cada mes, a unha feira de gando “mesmo nomeada polo Padre Feijóo e considerada no seu momento como a máis importante desde Ponferrada ata Portugal”.

Este ano a celebración terá lugar no conxunto de Canastros da Merca, situado no Campo da Feira, que está formado por un total de 34 canastros converténdoo no máis grande de Galicia. Os organizadores prevén unha asistencia aproximada de 500 persoas e a preparación de máis de 300 kg de porco ó espeto. Isto estará amenizado pola actuación da Banda de Gaitas, o Mercado de Artesanía, co concerto de Habitación Vudú e por DJ Popy. Ademais, ofrecerán aos asistentes a posibilidade de gozar do I roteiro “A Peneda da lebre” que terá a súa saída ás 11.00 horas desde o Campo da Feira, cun percorrido de 5 km.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao partido da European Cup Feminina entre o Club...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao partido de volta dos oitavos de final da European Cup Feminina, que enfrentou ao Conservas Orbe Zendal BM Porriño e...

A Deputación abre este luns o prazo para participar na ruta ornitolóxica de Voando...

0
Da man de SEO/BirdLife, as actividades deste ano comezarán o próximo 2 de febreiro en Nigrán, nunha zona de alto valor ecolóxico que destaca...

Luis López salienta o traballo a prol da inclusión das persoas maiores e con...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde da Lama, David Carrera, visita as instalacións que a Fundación Ofirvida ten neste...

A Deputación levou no 2024 a preto de 13.000 persoas a desfrutar dos recunchos...

0
En total, gozaron de excursións ao abeiro deste programa 202 entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais, culturais e ANPAS de...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á sétima edición do Certame de Rondallas da Área...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á sétima edición do Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, un espectáculo que reuniu...

A Deputación ultima o prazo para que os concellos soliciten actuacións no marco do...

0
Os 59 concellos beneficiarios dos 8 millóns de euros mobilizados pola Deputación poden presentar os seus proxectos ata o próximo mércores 22 de xaneiro A...

Publicacións Relacionadas