A Policía Local desenvolverá un dispositivo especial de tráfico o xoves no Couto polo partido Auriense – Deportivo

Redacción

A Policía Local do Concello de Ourense desenvolverá un dispositivo especial de seguridade e mobilidade pasado mañá, xoves, 29 de outubro, con motivo da celebración do partido de fútbol entre o Auriense e o Deportivo da Coruña no campo do Couto.

Ante a previsión dunha gran afluencia de afeccionados, e co obxectivo de garantir o normal desenvolvemento do evento e preservar a seguridade cidadá e viaria, estableceranse estas medidas de regulación do tráfico.

  1. Cortes de tráfico. Desde as 18.30 horas ata o remate do partido interromperase a circulación de vehículos (agás transporte público urbano) en:

Rúa Ervedelo (en dirección ao centro da cidade)

Rúa Carlos Maside

Tramos afectados na rúa Ervedelo

  1. Prohibición de estacionamento en dous puntos estratéxicos:

Praza da Chave

Praza Sorolla

A Policía Local prega aos condutores que adecúen os seus itinerarios habituais á densidade de tráfico prevista na zona, e recomenda o uso de rutas alternativas así como evitar a circulación polas inmediacións do recinto nas horas previas e posteriores ao encontro.

Solicítase aos condutores, peóns e veciños que extremen a precaución, amosen a máxima colaboración e presten atención á sinalización provisional instalada na área afectada e ás ordes do persoal da Policía Local.

No caso de ser preciso, a Policía Local poderá adoptar medidas de regulación complementarias ou modificar sobre a marcha a circulación rodada para priorizar a fluidez do tráfico e a seguridade.

Comparte este artigo