Foron interceptadas en distintos controis, denunciando a tres persoas
A Policía Local de Ourense incautou substancias estupefacientes e dúas armas brancas en dous controis policiais distintos, denunciando a un total de tres persoas.
A primeira das incautacións produciuse ás 21:56 horas na rúa Xosé Luis López Cid, nun control rutineiro onde se parou a un vehículo, denunciando a un dos ocupantes por tenencia ilícita de estupefacientes na vía pública. Noutro control similar, ás 23:18 horas parouse a outro vehículo na rúa Quintián, denunciando aos seus ocupantes, un por tenencia ilícita de estupefacientes na vía pública (100 grs.), e o outro por portar armas prohibidas (2 navallas).
Estes feitos foron denunciados ante a Subdelegación do Goberno por Infracción á L.O. 4/2015 sobre Protección da Seguridade Cidadá.