Free Porn
xbporn
Home Ourense A Policía Local informa do dispositivo de tráfico polas atraccións e actuacións...

A Policía Local informa do dispositivo de tráfico polas atraccións e actuacións musicais das Festas do Couto

- Anuncio -

A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo de tráfico deseñado para a celebración das Festas do Couto, que se desenvolverán desde o xoves, 16, até o domingo, 19 de maio.

Por unha banda, a instalación das atraccións festivas requirirá pechar ao tráfico as rúas Francisco de Moure, Cándido Fernández Mazas (entre Francisco de Moure e Álvarez de Sotomayor), Vila Real, Praza da Chave, Dalí (entre Faustino Míguez e Ervedelo e carrís de baixada en sentido ao Pavillón). Os cortes produciranse o xoves desde as 20.00 h, e o venres, o sábado e o domingo, desde as 17.00 h. En función da afluencia de público podería levarse a cabo algún corte de reforzo en Ervedelo – Avenida de Portugal e Ervedelo -glorieta de Ervedelo, así como nalgún outro punto, eventualmente, en función das circunstancias.

Por outra banda, as actuacións das orquestras requirirán pechar ao tráfico as rúas Greco e Francisco de Moure, o venres ás 17.00 h. O sábado, 18, cortarase ao tráfico a rúa Pardo de Cela desde as 16.00 horas, desde a Ponte do Milenio até a Praza de Concepción Arenal. Tamén se pecharán, cando sexa necesario, os accesos a Pardo de Cela desde a glorieta de Dalí e Avilés de Taramancos. En función da afluencia de público e da montaxe poderíase realizar algún corte de reforzo nas rúas dos Remedios – Greco e Xesús Soria – Ervedelo.

A parada de taxis da rúa Vila Real desprazarase á rúa Pardo de Cela, na súa intersección coa dos Remedios o venres, 18 desde as 16.00 h

A partir das 17.00 horas, as liñas do servizo de autobuses urbanos cara ao centro da cidade circularán pola rúa Pardo de Cela, e habilitarase unha parada de autobús diante da Mutua Galega. Os autobuses en sentido a Vistafermosa non modificarán o seu itinerario xa que en principio non está previsto pechar ao tráfico a rúa Ervedelo, salvo que fose preciso pola afluencia de público. O sábado anularase o servizo desde as 16 h.

Vías alternativas:

A Policía Local solicítalles ás persoas condutoras que traten de evitar circular ou acceder a estas zonas momentos antes da hora en que están previstos os cortes de tráfico e que, en caso de necesidade, traten de utilizar itinerarios alternativos, que deben ter previstos coa antelación suficiente.

Entre eles, destacan:

  • Para entrar á cidade por Pardo de Cela, recoméndase avanzar por: estrada nacional 120 (Monforte) – Glorieta de acceso á rúa Pablo Iglesias – Manuel Fernández García – Otero Pedrayo.
  • Para saír da cidade, por Curros Enríquez – Díaz de la Banda – Pablo Iglesias – Glorieta N-120.

As persoas residentes na rúa Avilés de Taramancos deberán acceder e saír das súas vivendas pola rúa Pontepedriña o sábado, 18 a partir das 16:00 horas, cando se pechará a rúa Pardo de Cela.

Relacionadas

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

O alcalde de Ourense recibe a xogadora ourensá internacional Carlota Álvarez

0
A xogadora do Club Hockey Albor de Ourense vén de proclamarse subcampiona de Europa sub 21 de hockey herba O alcalde de Ourense, Gonzalo P....

Comezan catro días de festas na Ponte na honra de Santiago Apóstolo

0
Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 ao sábado 27 de xullo Os locais de hostalería ampliarán o seu horario por un máximo de dúas...

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 8 acordos na súa sesión ordinaria...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 8 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar ás 8.30 h...

O Pleno aproba os convenios de colaboración que permitirán construír sete residencias para maiores...

0
A institución provincial investirá 2.650.916,95 euros nas anualidades de 2024 e 2025 para cofinanciar a construción de centros para maiores na Gudiña, A Teixeira,...

Publicacións Relacionadas