A programación de actividades organizadas polo Concello para celebrar a festa do Magosto 2025 requirirá pechar ao tráfico pasado mañá, martes, 11 de novembro, a rúa do Progreso, no treito que vai desde a glorieta de San Rosendo até a baixada á Alameda, a partir das 12.00 h. Desde as 17.00 horas pecharase a Praza Maior e ás 17.30 horas, a rúa Parada Justel
Autobuses urbanos. Desde que se peche ao tráfico a rúa do Progreso (ás 12.00 h), os autobuses urbanos circularán por itinerarios alternativos:
· Os vehículos en dirección ao Xardín do Posío irán por Xoán XXIII (Abanca) – Rúa Concello – Bedoya – Avenida de Bos Aires – Xoán de Nóvoa – Pardo Bazán e Peña Trevinca.
· Os vehículos en dirección ao Parque San Lázaro irán por Xardín do Posío – Alameda – Doutor Fleming – Parada Justel – Progreso (parada provisional no Inorde) – Xoán XXIII – Parque de San Lázaro. Desde pouco antes do inicio das actuacións (arredor das 17.30h) o percorrido será por Xardín do Posío- Peña Trevinca – Avenida da Habana e Parque de San Lázaro.
Ademais, desde que se peche ao tráfico a Praza Maior ás 17.00 horas, a Liña 15: Praza Maior -Termas de Outariz terá a súa saída no Parque San Lázaro.



