A VespaNoelada percorrerá mañá as rúas da cidade para recoller doazóns para o Banco de Alimentos de Ourense

adminON
Lectura mínima de 1

Club Vespa – Lambretta Avispados Ourense e o Concello de Ourense organizan esta actividade solidaria

A cidade de Ourense será escenario mañá, sábado, 14 de decembro, dunha nova edición da VespaNoelada, unha actividade solidaria organizada polo Club Vespa – Lambretta Avispados Ourense e o Concello de Ourense.

Os participantes, disfrazados de Papá Noel, percorrerán as rúas de Ourense montados nas súas clásicas Vespas e Lambrettas coa finalidade de recoller alimentos e produtos infantís, que posteriormente entregarán ao Banco de Alimentos de Ourense.

O desfile, cheo de cor e alegría, pretende non só animar a cidade durante o Nadal, senón tamén fomentar a solidariedade e o compromiso social, unido a paixón polas motos clásicas coa vontade de axudar a quen máis o necesitan.

A VespaNoelada sairá ás 10.30 h da Avenida de Portugal (xunto ao Bar Gráfico) e percorrerá a cidade parando nos comercios da cidade colaboradores, onde previamente se deixaron as caixas do Banco de alimentos para que a xente puidese deixar nelas as súas doazóns. Cunha furgoneta de Protección Civil, irán cargando as caixas que levarán despois ao Banco de Alimentos de Ourense.

Comparte este artigo