Home Ourense A xunta de goberno actualiza a delegación de competencias nos concelleiros e...

A xunta de goberno actualiza a delegación de competencias nos concelleiros e nas concelleiras do goberno municipal

- Anuncio -

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou esta mañá a delegación de competencias propias deste órgano municipal na Alcaldía e nos concelleiros e as concelleiras con responsabilidades de goberno, nas súas respectivas áreas de xestión. Con este acordo, actualízase a delegación de competencias nas persoas integrantes do goberno municipal logo da incorporación do novo concelleiro Antonio Fernández Martín.

O acordo aprobado esta mañá recolle estas delegacións:

Na Alcaldía: Recursos Humanos, Contratación, Infraestruturas, Artes e Festexos, Promoción económica, Mobilidade e Transporte

Jorge Pumar Tesouro: Medio Ambiente

Sonia Ogando Vázquez: Urbanismo e Patrimonio

José Mario Guede Fernández: Deportes

Flora Moure Iglesias: Turismo, Termalismo, Participación Cidadá e Xuventude

Eugenia Díaz Abella: Asuntos Sociais, Saúde, Muller e Igualdade

Telmo Ucha Álvarez: Seguridade Cidadá

Ana María Fernández Morenza: Economía e Facenda

Armando Ojea Bouzo: Servizos Xerais

Antonio Fernández Martín: Educación e Comercio.

Persoal e recursos humanos (1)

A xunta local aprobou inicialmente a modificación número 1/2021 da Relación de Postos de Traballo do Consello Municipal de Deportes, relativa á determinación da modalidade de concurso aplicable á provisión de postos de traballo.

O acordo di que a provisión definitiva da totalidade dos postos de traballo previstos na RPT realizarase mediante concurso ordinario, coa excepción da Xefatura de Administración, que se proverá mediante libre designación conforme ao previsto na modificación nº 2 /2021 da RPT do CMD, e a Xerencia que, dada súa natureza de órgano directivo, proverase mediante libre designación, conforme ao seu réxime específico.

Este acordo de aprobación inicial someterase ao trámite de información pública por prazo de vinte días hábiles, mediante un anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia

Cultura (1)

Expedir orde de depósito dunha fianza a favor da Axencia Galega de Infraestruturas por importe de 100 euros pola ocupación temporal de estradas de titulariedade da Xunta con motivo da Cabalgata de Reis.

Avogacía Consistorial (12)

A xunta de goberno local tomou coñecemento de tres resolucións xudiciais:

  • Sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 que estima o recurso dunha particular que presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial por lesións producidas ao caer na beirarrúa da Avenida de Portugal a causa dunha focha. A sentenza condena o Concello a indemnizala por importe de 7.879,6 euros.
  • Sentenza do Xulgado do Contencioso número 1 que desestima o recurso dun particular fronte a unha multa
  • Auto do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1, que require o Concello para que no prazo dun mes execute as obras de demolición dunha vivenda

Por outra banda, o Concello comparecerá diante dos xulgados do contencioso administrativo nos procedementos ordinarios relativos a:

os estatutos e bases de actuación da área de reparto 12-N,

presunta inactividade en materia de expropiación polo pagamento dun xustiprezo da “Finca Acevedo”

contra o decreto que acordou o bloqueo dunha canalización irregular para eliminar verteduras

Tres procedementos ordinarios de particulares e empresas fronte a liquidacións do imposto sobre incremento de valor dos terreos de natureza urbana

Outro interposto por unha empresa por liquidacións do imposto de bens inmobles

Unha sanción imposta a un particular por unha infracción grave de tráfico

Un xuízo por delitos leves polos feitos derivados dun atestado da Policía Local

Relacionadas

Luis Menor apela á colaboración público-privada para “facer o Camiño xuntos e potenciar a...

0
O presidente provincial clausurou xunto ao seu homólogo zamorano, Javier Faúndez, o Ciclo adicado ao Camiño Meridional organizado pola UNED de Ourense e Zamora Anunciou...

Xunta de Goberno Local extraordinaria para aprobar as novas delegacións de competencias do grupo...

0
O Concello de Ourense convocou esta mañá unha Xunta de Goberno Local extraordinaria onde se aprobaron cambios na delegación de competencias dos concelleiros e...

A Deputación incorpora unha nova máquina para cooperar cos concellos no mantemento e reparación...

0
A Deputación de Ourense continúa a reforzar o seu parque de maquinaria coa adquisición dunha nova máquina compactadora que permitirá mellorar a cooperación cos...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo sistema de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde a dous novos proxectos construtivos financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan...

A Xunta pon en valor na Feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade...

0
José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial...

Publicacións Relacionadas