HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local adoptou 23 acordos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local adoptou 23 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 23 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos

Licenzas (8). Conceder 5 licenzas, para os proxectos de:

  • reparación e consolidación de muro de peche do perímetro do predio do Pazo de Eiroás, cun orzamento de 33.610,15 euros, que executará a Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia
  • substitución de cuberta dunha vivenda unifamiliar na rúa Monte Loureiro
  • rehabilitación dun edificio na rúa da Lúa
  • adaptación dun local a tres viviendas nun edificio da rúa do Progreso
  • reestruturación de cuberta e rehabilitación de elementos comúns nun edificio da rúa Amento, en Seixalbo.

Tamén acordou desestimar 2  recursos contra os acordos da Xunta de Goberno Local que declararon a caducidade de 2  licenzas de obra, e aprobar o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a concesión administrativa de ocupación dunha superficie de 7,84 m2 de dominio público na fachada oeste dun edificio na rúa Eladio Rodríguez para executar o proxecto de instalación dun ascensor.

Aperturas (1) Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución para o reforzo estrutural no forxado da planta 4ª do Hospital COSAGA na rúa Sáenz Díez

Disciplina (1) Desestimar un recurso contra o acordo adoptado nun expediente de disciplina urbanística.

Patrimonio (1) Desestimar un recurso contra un acordo da Xunta de Goberno Local que desestimou unha reclamación de responsabilidade patrimonial.

Rehabilitación (1) Outorgar definitivamente unha subvención para as obras de instalación dun ascensor nun edificio da rúa Irmáns Xesta, con cargo á partida de Rehabilitación da Área de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU) O Polvorín – As Camelias – A Carballeira, 6ª Fase, por importe de 67.123,10 euros

Infraestruturas (1) Declarar a urxencia e acordar a tramitación polo procedemento de urxencia do expediente para a contratación, por procedemento aberto, dos servizos de consultoría e asistencia técnica para a correcta xestión, execución, seguimento e xustificación das actuacións vinculadas ao proxecto de dixitalización e mellora da eficiencia en materia de xestión do ciclo integral da auga do municipio de Ourense.

Este proxecto está financiado parcialmente pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Recuperación Next Generation EU, dentro do programa de axudas a proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga (PERTE dixitalización do ciclo da auga, Orde TED/934/2022, modificada pola Orde TED/919/2023

Avogacía consistorial (9). A Xunta de Goberno Local deu conta de 9 sentenzas: 4 do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1, 2 do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 e 3 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Fóra da orde do día (1)

Aprobar o nomeamento do avogado que representará o Concello no preito da Praza de Abastos

Publicacións Relacionadas