A piscina municipal Rosario Dueñas reunirá durante esta fin de semana as grandes promesas da natación artística coa disputa do campionato de España

adminON

Participarán no torneo máis de 400 deportistas alevíns e infantís dunha trintena de equipos

A piscina municipal Rosario Dueñas acollerá durante esta fin de semana o Campionato de España de natación artística nas categorías Alevín-Promoción e Infantil – Segunda División. Esta mañá, no Pavillón dos Remedios, tivo lugar a presentación do torneo, nun acto no que participaron o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, xunto con Fernando Carpena, presidente da Real Federación Española de Natación, Juan Carlos Brión, presidente da FEGAN; Laura Rodríguez, presidenta do CN Sincro Ourense, Manuel Perez, do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Jorge Pumar, deputado por Ourense; Beatriz Montes, directora técnica do CN Sincro Ourense e Elvira López, adestradora do CN Sincro Ourense.

A competición reunirá na cidade as grandes promesas de natación artística española. Serán en total máis de 400 deportistas dunha trintena de equipos: 238 alevíns (dos que 47 son galegos) e 195 infantís (18 galegos) que competirán nas probas e acudirán esta semana a Ourense, acompañados polos seus equipos técnicos e familias.

O torneo arrincará o venres coa final do dúo mixto infantil e concluirá o domingo coa entrega de medallas do dúo libre infantil, o equipo libre infantil e o dúo mixto alevín.

Comparte este artigo