A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 13 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar este mediodía no salón de plenos
Aperturas (1). Conceder a licenza de obra para o proxecto básico e de execución e anexos de reforma de local para restaurante nun edificio na rúa Desengano – Avenida de Pontevedra.
Patrimonio (4) Inadmitir unha reclamación de responsabilidade patrimonial, considerar 2 particulares desistidos das súas e requirir unha aseguradora para que pague ao Concello unha indemnización de 117,50 euros polos danos causados por un vehículo a unha árbore na rúa Nosa Señora da Saínza
Xestión urbanística (1). Recoñecer unha obriga por importe de 57.894,12 euros.
Contratación (2) Aprobar os expedientes para contratar a renovación e mantemento da aplicación informática para a xestión do inventario de bens e dereitos do Concello, e a renovación e mantemento das aplicacións corporativas de persoal de recursos humanos do Concello
Xestión económica e orzamentaria (1) Aprobar unha relación de facturas, correspondentes a gastos realizados no exercicio 2023, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no devandito exercicio.
Fóra da orde do día (4)
· Aprobar o convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación de persoas con discapacidade ADO para o financiamento do proxecto de fomento e desenvolvemento da autonomía para persoas con discapacidade intelectual no Concello de Ourense, consonte á subvención nominativa recollida no vixente orzamento municipal. Tamén se dispón a achega de 15.000 euros por parte do Concello.
· Recoñecer a favor de Aguas de Galicia a cantidade de 43.175,87 euros correspondentes a unha liquidación do canon da auga das instalacións municipais.
· Aceptar a renuncia voluntaria de Juan Carlos Fernández Fasero ao posto de director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial do Concello de Ourense.
· Prorrogar por 6 meses os descontos actualmente vixentes no servizo de autobuses urbanos. Con este acordo, desde o 1 de xaneiro até o 30 de xuño de 2025, o prezo por viaxe coa Tarxeta Milenio ordinaria manterase en 0,31 euros (o que supón unha porcentaxe de bonificación do 50%) e o da viaxe coa tarxeta milenio para estudantes en 0,21 euros (cunha porcentaxe de bonificación do 51,16%). Os demais abonos non se rebaixan porque xa están bonificados ao 100%. Esta rebaixa dos prezos será cofinanciada polo Concello e o Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible, no marco das axudas aprobadas o pasado luns polo goberno español con esta finalidade.