HomeOurenseO Concello abre o prazo de inscrición no Concurso de Pinchos Ourense...

O Concello abre o prazo de inscrición no Concurso de Pinchos Ourense 2025, que se realizará en xuño con moitas novidades

- Anuncio -spot_img

Os locais interesados poden apuntarse até o día 6 de xuño a través da páxina web do Concello

O Concello abre hoxe o prazo de inscrición no concurso de Pinchos de Ourense 2025. Os locais interesados en participar poden apuntarse até o día 6 de xuño a través da páxina web do Concello, onde tamén atoparán as bases e toda a información sobre esta convocatoria. No caso de dúbidas poden contactar coa organización a través do correo electrónico concursopinchos@ourense.gal

O certame incorpora este ano moitas novidades. Desenvolverase no mes de xuño,  desde o venres, 13, até o sábado, 21, aproveitando a semana das Festas de Ourense, que transcorrerán desde o día 18 ao 22. Os prezos dos pinchos deberán estar entre 2,50 e 4 €.

En canto aos premios, incorpórase una nova categoría: Pincho clásico, coa finalidade de recoñecer e promocionar as mellores delicatessen que se ofrecen permanentemente nacidade. Haberá 3 premios de 1.500, 1.000 e 500 euros.

A segunda categoría será a do Pincho innovación 2025, e distinguirá creacións inéditas e orixinais, tamén con tres premios, de 1.500, 1.000 e 500 euros

Ademais, entre todos os pinchos inscritos no concurso, outorgarase un premio de 400 euros ao mellor Pincho celíaco, é dicir, que non empreguen glute na súa elaboración.

Os premios (Clásico e Innovación) serán ponderados, unha mestura entre o voto popular e o do xurado profesional), e a gran gala de premiados levarase a cabo o domingo 22, compaxinando lugar e momento coa última actuación musical das Festas de Ourense, antes da tirada dos fogos artificiais.

Publicacións Relacionadas