A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 15 acordos na súa sesión ordinaria desta semana que tivo lugar este mediodía no salón de plenos.
Licenzas (6)
Concederlle á Deputación de Ourense a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de reconstrución dun muro de contención no Camiño do Arrodeo
Autorizar o troco do uso dun baixo na rúa Río Xares que se destinará a garaxe
Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto técnico de rehabilitación dunha edificación para almacén no Lugar de Casar do Mato
Declarar a innecesariedade de licenza de segregación para desvincular unha terraza dunha vivenda na rúa Doutor Fleming
Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de construción dunha vivenda unifamiliar na Urbanización Pazo de Ramirás I
Conceder a licenza de obra para a demolición dun edificio e anteproxecto de edificio de vivendas de planta baixa e 2 plantas na Praza da Victoria
Disciplina (1)
Incoar procedemento para a declaración da ruína económica e ordenar a demolición dun inmoble na Rúa Sáenz Díez.
Patrimonio (6)
Requirir dúas aseguradoras a que indemnicen o Concello en 3.452,37 e 397,70 euros polos danos causados por senllos vehículos nunha farola na rúa Pardo de Cela, e nunha xardineira e un elemento mecánico na rúa da Concordia, respectivamente.
Desestimar as reclamacións de responsabilidade patrimonial presentadas por 2 particulares polos danos sufridos en caídas nas rúas Parada Justel e Cardeal Quiroga, por non concorrer os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización.
Elevar ao Consello Consultivo de Galicia a proposta de acordo consistente en desestimar a reclamación presentada por unha particular por lesións sufridas por unha caída na rúa Pura e Dora Vázquez
Propoñer ao Pleno a baixa da vía “Camiño sen nome” en Cotoriño, O Monte no inventario de bens do Concello, na súa vindeira actualización.
Servizo de Contratación (1)
Modificar, a os efectos establecidos no Artigo 7.2 do Regulamento Comunitario 1370/2007 de 23 de outubro sobre os servizos públicos de Transporte de viaxeiros por ferrocarril e por estrada, a publicación que o Concello de Ourense realizou no Diario Oficial da Unión Europea de 17 de setembro de 2015, relativa ao contrato para a prestación do servizo de transporte urbano colectivo de viaxeiros por estrada, publicando no citado Diario que se modifica o tipo de adxudicación que pasa de ser un contrato de xestión de servizos públicos en réxime de concesión, a ser agora un contrato de servizos
Recursos humanos (1)
Expediente reservado de actuacións previas ante un posible caso de acoso laboral

