A Xunta de Goberno Local aprobou 17 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

adminON
Lectura mínima de 2

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense  aprobou 17 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar a mediodía de hoxe no salón de plenos.

Licenzas (5). Concedeu 4 licenzas para os proxectos de reconstrución de cuberta nunha edificación existente anexa a unha vivenda unifamiliar na estrada de Santa Mariña do Monte; para a demolición dunha construción en estado ruinoso na rúa Ponferrada, A Rabaza; para a instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa Antonio Puga e para a reparación da instalación hidráulica de extinción e protección contra incendios no complexo de Menores de Montealegre. Tamén aprobou 5 liquidacións da concesión administrativa de ocupación dunha superficie de 6,75 m2 de dominio público na fachada dun edificio na rúa Vasco Díaz Tanco.

Disciplina (1). Concedeu a licenza urbanística para o proxecto básico e de execución de instalación dun ascensor nun edificio na rúa Eladio Rodríguez.

Patrimonio (1). Cumprimento de sentenza. Rectificación dun erro material nun acordo dunha xunta de goberno anterior.

Contratación (1). Acordou a prórroga, por 1 ano, do contrato do servizo de mantemento e soporte técnico da plataforma de licitación electrónica do Concello.

Educación (1). Dispoñer o pagamento de premios do XV Certame Internacional de cinema Escolar.

Avogacía Consistorial (8). Deu conta dunha sentenza e de 2 autos ditados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dunha sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Ourense e dun decreto do número 2. Ademais, foi informada de que o Concello deberá comparecer diante dos xulgados do Contencioso-Administrativo número 1 e 2 de Vigo e do número 1 de Ourense en diferentes procedementos. Retiráronse da orde do día as dacións de conta de dous autos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Comparte este artigo