HomeOurenseOurenseO Concello activa a nova frecuencia da liña 5 de autobús urbano:...

O Concello activa a nova frecuencia da liña 5 de autobús urbano: Outariz – Reza – Ceboliño: un vehículo cada 30 minutos

- Anuncio -spot_img

Esta mañá entrou en funcionamento a nova frecuencia da liña número 5 do servizo municipal de autobuses urbanos de Ourense: Outariz – Reza – Ceboliño.

Como anunciara o alcalde, Gonzalo Jácome, o día 23 abril, o Concello asigna a esta ruta 3 vehículos, en vez de 2, coa finalidade de mellorar o servizo a nivel de frecuencias e de ruta. Así, desde hoxe circula un vehículo cada 30 minutos os días laborais, e dase un mellor servizo ás persoas usuarias das termas de Outariz, do barrio de Vistafermosa e do Couto, entre outros. No caso deste barrio, o Concello introduce unha nova parada nesta ruta, na rúa Francisco de Moure.

Publicacións Relacionadas