HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local aprobou 18 acordos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local aprobou 18 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 18 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu ao mediodía de hoxe no salón de plenos.

Licenzas (6). Conceder as licenzas para: a reforma de 2 locais con destino a vivendas na rúa J da Urbanización Cambedo da Raia; a rehabilitación e ampliación dun edificio na rúa da Concordia; o modificado do proxecto de rehabilitación dun edificio na rúa do Progreso; o modificado do proxecto de execución doutro edificio, tamén na rúa do Progreso; e a instalación de ascensor nun edificio de vivendas na Praza Maior.

Disciplina (2). Declarar en situación de ruína un pendello na Rampla de Sas e un inmoble na rúa San Silvestre.

Servizo de rehabilitación (3). Ante a renuncia do Concello a executar a obra, procederase á devolución da subvención relativa á Convocatoria de axudas para a Rehabilitación de edificios de titularidade pública (PIREP) de Ourense (Liña 1, C2I5PL/22/02088). Tamén se aprobou o pagamento dunha subvención de 67.123,10 euros para as obras de instalación dun ascensor nun edificio da rúa Irmáns Xesta, dentro da ARRU O Polvorín – As Camelias – A Carballeira, e denegouse a solicitude de axuda para a reforma dun edificio na rúa Lamas Carvajal.

Asuntos sociais (1). Recoñecer 2 obrigas derivadas do alugueiro dun local na rúa Francisco de Moure.

Infraestruturas (2). Recoñecer 2 obrigas derivadas das obras dos proxectos de control de caudais do Concello de Ourense, e de acondicionamento das rúas Salto do Can e Carballo.

Educación (1). Aprobar as bases e a convocatoria dos premios do XVI Certame Internacional de Cinema Escolar, OUFF Escola.

Contratación (2). Acordar as prórrogas, por 1 ano, dos contratos do servizo de conserxaría dos centros cívicos municipais e do servizo de mantemento do equipamento do centro de proceso de datos do Concello.

Fóra da orde do día (1). Aprobar o expediente para contratar os servizos de consultoría e asistencia técnica para a correcta xestión, execución, seguimento e xustificación das actuacións vinculadas ao proxecto de dixitalización e mellora da eficiencia en materia de xestión do ciclo integral da auga do municipio de Ourense (PERTE dixitalización do ciclo da auga).

O proxecto está financiado parcialmente pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Recuperación Next Generation EU, dento do programa de axudas a proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga (PERTE dixitalización do ciclo da auga Orde TED/934/2022, modificada pola Orde TED/919/2023.

A Xunta Local aprobou tamén os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, autorizou o gasto e dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación, aberto e de tramitación urxente

Publicacións Relacionadas