A Xunta de Goberno Local aprobou 29 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

adminON
Lectura mínima de 2

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 29 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos.

Licenzas (6) Conceder 5 licenzas, para as obras de derrubamento e execución dun edificio na rúa Araceli Ancoechea; para a rehabilitación dunha vivenda unifamiliar illada na rúa Fechos-Trasalba; para o troco de uso dun local en planta baixa a vivenda na Avenida da Universidade; para o acondicionamento dun local en planta baixa para garaxe-aparcamento privado nun edificio da rúa José Antonio Moretón; e para o troco de uso a vivenda de 2 locais en planta baixa nun edificio da rúa Manuel Murguía. A Xunta de Goberno tamén acordou darse por decatada do troco do titular de 2 licenzas urbanísticas de obra.

Disciplina (1) Declarar de oficio en situación de ruína e acordar a demolición dun inmoble na rúa Camiño do Curro, Os Viros

Patrimonio (5) Requirir 2 aseguradoras para que indemnicen o Concello polos danos ocasionados por vehículos nun sinal na rúa Benito Fernández Alonso e nun farol na Nacional 525. Tamén acordou arquivar un expediente derivado dunha reclamación de responsabilidade patrimonial e recoñecer unha obriga a favor do Xulgado do Contencioso – Administrativo número 1 de Ourense e outra a favor dun condutor e da súa compañía aseguradora.

Avogacía Consistorial (17) A Xunta de Goberno deu conta de 2 sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dunha sentenza da Audiencia Provincial, dunha sentenza do Xulgado do Social número 1, de 3 autos do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1; e de 1 sentenza, 1 auto e 2 decretos do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2. Ademais, o Concello foi emprazado para comparecer en 3 procedementos diante do Xulgado do Contencioso número 1, e noutros 3 diante do número 2, o Xulgado do Social número 2, e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Comparte este artigo