A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 29 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu no mediodía de hoxe no salón de plenos.
Licenzas (10) Aprobaroproxecto de rehabilitación dun edificio de vivendas na rúa Pena do Vao; conceder as licenzas de obra para a instalación de ascensores en edificios das rúas Alejandro Pedrosa, Río Arnoia (2) e Avenida de Santiago, e para o proxecto modificado de rehabilitación dun edificio na rúa Prieto Nespereira. Tamén acordou denegar unha solicitude de ampliación de prazo para presentar o proxecto de execución da adaptación a vivenda dun baixo na Avenida de Portugal, conceder o título habilitante de natureza urbanística para a execución dunha pérgola en Cardenao, Castro de Beiro, conceder unha licenza de segregación dunha parcela sita en Rairo e aceptar a renuncia dun particular a unha licenza de construción de vivenda unifamiliar que lle fora concedida
Aperturas (1) Conceder a Cáritas Diocesana de Ourense a licenza de obra para o proxecto técnico de reforma e actividade para o acondicionamento dun local para uso administrativo-formativo na Praza Rafael Dieste.
Patrimonio (6) Dar conta de 4 reclamacións de responsabilidade patrimonial, aprobar a corrección dun erro material nun acordo dunha xunta de goberno anterior e recoñecer unha obriga en cumprimento dunha sentenza.
Contratación (1) Aprobar o expediente de contratación baixo a modalidade de contrato baseado no acordo marco para a contratación da subministración de electricidade da Central de Contratación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), e iniciar o procedemento de adxudicación, segundo o establecido nos pregos de cláusulas que rexen o acordo marco.
Asesoría xurídica (1) Dar conta de que no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 se presentou un recurso no procedemento ordinario 138/24 para a modificación da concesión do aparcamento da rúa Xoán XXIII – Parque de San Lázaro, e desestimar a solicitude da dita modificación.
Avogacía Consistorial (10) A Xunta de Goberno deu conta de 3 sentenzas e 1 auto ditados polo xulgado do Contencioso-Administrativo número 1. Ademais, o Concello comparecerá en 6 procedementos diante destes dous mesmos xulgados.

