HomeOurenseO Concello adhírese un ano máis ao convenio de Xunta, Fegamp e...

O Concello adhírese un ano máis ao convenio de Xunta, Fegamp e Seaga para a xestión da biomasa

- Anuncio -spot_img

As persoas titulares de terreos nas 6 parroquias priorizadas poderán contratar os traballos a prezos reducidos

O Concello de Ourense adhírese un ano máis ao convenio de  colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a  Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para a consolidación do sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

En virtude deste convenio, as persoas propietarias de predios nas denominadas parroquias priorizadas de Ourense poden formalizar contratos de xestión da biomasa con Seaga a un custo reducido de 420 euros por hectárea  e ano.

O Concello ten 6 parroquias priorizadas: Ourense (que abrangue diferentes zonas na contorna da cidade), Arrabaldo (Santa Cruz), Cudeiro (San Pedro), Palmés (San Mamede), Velle (Santa Marta) e Vilar de Astrés (Purísima Concepción).

As persoas titulares de terreos, ou as súas representantes, que desexen acollerse á limpieza nestas zonas poden obter toda a información que precisen sobre os predios e as superficies afectadas, e descargar o modelo de contrato, desde a páxina web do Concello, no apartado de Medio Ambiente https://ourense.gal/gl/servizos/medio-ambiente. Tamén poden consultar a superficie afectada do seu predio nun  visor público a través desta ligazón: https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/.

O Concello lémbralles ás persoas titulares de terreos que teñen a obriga de xestionar a biomasa vexetal nos termos que define a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (LPDCIF). En caso de calquera dúbida, as persoas interesadas poden acudir á Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense.

Publicacións Relacionadas