A Xunta de Goberno Local aprobou 9 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

adminON
Lectura mínima de 1

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 9 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos:

Avogacía Consistorial (5) Dar conta de 2 sentenzas e 1 auto ditados polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense. Ademais, o Concello foi emprazado para comparecer diante do Contencioso número 2 nun procedemento abreviado e diante do número 1 noutro ordinario.

Patrimonio (2) Desestimar unha reclamación de responsabilidade patrimonial, por non concorrer os requisitos que dan dereito a unha indemnización, e recoñecer unha obriga, en cumprimento dunha sentenza do Contencioso número  1, derivada doutra reclamación de responsabilidade patrimonial.

Persoal e Recursos Humanos (1). Recoñecer unha obriga a favor do xulgado do Contencioso número 2, en concepto de pagamento de custas xudiciais

Xestión tributaria (1). Recoñecer unha obriga a favor do xulgado do contencioso número 2, en concepto de pagamento de custas xudiciais.

Comparte este artigo