Home Deputacións Deputación Ourense O Clínic de Baloncesto da Deputación volve como cita de referencia na...

O Clínic de Baloncesto da Deputación volve como cita de referencia na formación de adestradores de Galicia e do norte de España e Portugal

- Anuncio -

A Deputación de Ourense, da man da Federación Galega de Baloncesto e a Escola Galega de Adestradores (EGA), presenta a XXIV edición deste evento que se celebrará os días 28, 29 e 30 de xuño no Pazo dos Deportes “Paco Paz”


O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; o director técnico do Clínic, Carlos Colinas; e a secretaria da Delegación de Ourense da Federación Galega de Baloncesto, María José Varela, presentaron hoxe a programación deste ano que inclúe a un amplo abano de relatores, temas e perfís que atraerán a numerosos adestradores

A Deputación de Ourense, da man da Federación Galega de Baloncesto e a Escola Galega de Adestradores (EGA), recupera o seu Clínic de Baloncesto que se celebrará os días 28, 29 e 30 de xuño no Pazo dos Deportes “Paco Paz”.

A presentación deste evento tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Deportes, César Fernández; o director técnico do Clínic e director da Escola Galega de Adestradores, Carlos Colinas; e a secretaria da Delegación de Ourense da Federación Galega de Baloncesto, María José Varela.

O Clínic volve coa XXIV edición para continuar a ser a cita de referencia na formación de técnicos de toda Galicia. Neste sentido, César Fernández lembrou que a Deputación leva “máis de 20 anos apostando por esta actividade que xa forma parte do calendario dos técnicos de Galicia que saben que teñen estes días en Ourense para formarse e para continuar a gozar do deporte”.

Pola súa parte, Carlos Colinas, ex-alumno do Clínic, explicou os detalles da programación desta edición que ofrece un “cartel á altura do que sempre foi cun escenario transversal de formación para os adestradores que inclúe un amplo abano de relatores, temas e perfís, que atraerán a numerosos adestradores de Galicia e do norte de España e Portugal”, dixo Carlos Colinas.

Programación do Clínic de Baloncesto 2024

A programación comezará o venres, 28 de xuño, a partir das 17.00 horas, co Observatorio aplicado ao Baloncesto sobre temáticas moi específicas que inclúe catro relatorios monográficos. Comezará Dani Miret con “Evolución de grupo en competicións FIBA: secretos de un oro”, Ramón Díaz centrará o seu observatorio online no “Desenvolvemento do talento enfocado ao alto rendemento”, Rubén Vieira falará da “Comunicación e interrelación do PF dentro do staff” e Antonio Pérez concluirá o observatorio con “Construír un equipo desde a cabeza de un adestrador”.

A partir do sábado, 29 de xuño, celebrarase o Clínic convencional en varias sesións con charlas prácticas en pista de reputados profesionais que se centrarán en diferentes temáticas. O sábado pola mañá, ás 10.00 horas, comezarase con Dani Miret que falará de “Calidade e esixencia: exercicios individuais de mellora”, Cristina Cantero coa charla sobre o “Xogo de tres: conectar espazos e decisións”, e Hugo López con “Equilibrio entre vantaxes e desvantaxes”.

Pola tarde, ás 17.00 horas, comezará Manuel Leyes, traumatólogo deportivo, que se centrará na realidade actual das lesións de xeonllo no baloncesto, e continuarán a xornada Antonio Pérez con “Da táctica á dirección: optimizar o xogo desde o “Pick and Roll”, e Jota Cuspinera que pechará esta xornada con “Spacing e solucións defensivas ante as vantaxes do pick and roll”.

Por último, o domingo a partir das 11.00 horas, será a última sesión desta edición, e estará protagonizada por Anna Montañana, seleccionadora de Gran Bretaña, quen falará de “Flow do xogo: transicións a partir dun xogador grande”, e por Jota Cuspinera que centrará a súa charla en “Ameaza en movemento: spacing e timing para un anotador”.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez clausura na sede da Deputación en Vigo o III Torneo...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou esta tarde na Sede da Deputación en Vigo o III Torneo Nacional de Debate. Sánchez...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado no Teatro Salesianos á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel, que celebrou esta...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Belén Cachafeiro recorreu xunto co alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, esta actuación de seguridade viaria que se está...

A Deputación pon en marcha este domingo no Castelo de Soutomaior o obradoiro de...

0
Este domingo tamén terá lugar o percorrido Camelia e saúde, que se repetirá entre o 11 e o 16 de marzo para divulgar as...

A Deputación leva este domingo a 25 persoas da provincia a desfrutar do programa...

0
Veciños e veciñas de nove concellos da provincia gozarán de estancias no Hotel Carlos I Silgar, situado en Sanxenxo 25 persoas de nove concellos da...

A Deputación supervisa en Rodeiro os traballos de execución de cunetas de seguridade e...

0
A deputada de Infraestruturas, Belén Cachafeiro, percorreu as actuacións que se están a desenvolver en ambas estradas provinciais e que contan cun investimento de...

Publicacións Relacionadas