A Xunta de Goberno Local concede 6 licenzas urbanísticas na súa sesión desta semana

adminON
Lectura mínima de 4

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 30 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos. Entre eles, 9 expedientes de Licenzas, 6 de Patrimonio, 1 de Contratación e 14 da Avogacía Consistorial.

Licenzas (9)

  • Conceder a licenza urbanística de obra en vía de legalización e para un proxecto técnico de consolidación e mantemento de reforma dunha vivenda unifamiliar na rúa Ceibe, na Lonia.
  • Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar na rúa Canella, en Seixalbo.
  • Conceder a licenza de obra para o proxecto básico e de execución para obras de conservación e mellora de eficiencia enerxética, accesibilidade e habitabilidade nun edificio de vivendas na Rúa do Baño.
  • Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de reforma de cuberta e obras na planta primeira dun edificio na rúa Concordia
  • Conceder a licenza de obra para o modificado do proxecto básico e de execución para obras de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar na rúa Nova, en Seixalbo
  • Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución da reforma dunha vivenda unifamiliar na rúa Seixalbo
  • Denegar a solicitude dun particular de declaración de innecesariedade de licenza de troco de uso de inmobles na planta baixo cuberta dun edificio na rúa Monte Penamá
  • Conceder unha prórroga de 6 meses para o inicio das obras para o proxecto básico e de execución para a instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa Río Arnoia
  • Denegar unha solicitude de ampliación do prazo para a interposición dun recurso de reposición contra un acordo da Xunta de Goberno Local que denegou unha licenza urbanística

Contratación (1)

  • Rectificar un erro material no prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación por lotes de vestiario e equipos de protección individual para o persoal dos distintos servizos do Concello

Patrimonio (6)

  • Desestimar a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por un condutor por danos ocasionados nun vehículo que colidiu cun valado na rúa Curros Enríquez, por non concorrer os requisitos que dan dereito a unha indemnización
  • Inadmitir unha reclamación de responsabilidade patrimonial polas lesións sufridas como consecuencia dunha caída na avenida de Santiago, xa que o Concello non é a administración competente para resolvela. As actuacións remitiránselle á Unidade de Ourense da Demarcación de Estradas de Galicia
  • Requírirlle a unha compañía de seguros que pague ao Concello unha indemnización de 597,88 € polos danos causados por un vehículo nun farol na rúa Bispo Carrascosa.
  • Desestimar 2 reclamacións de responsabilidade patrimonial de particulares por danos sufridos en senllas caídas, e a dun condutor por un accidente de tráfico. Nos tres casos non concorren os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización.

Avogacía Consistorial (14)

A Xunta Local deu conta de 2 sentenzas ditadas polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense e 1 do número 1. Ademais, o Concello comparecerá en 11 procedementos xudiciais diante dos xulgados do Contencioso número 1 e 2, e de Instrución número 3.

Comparte este artigo