A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 21 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

adminON
Lectura mínima de 3

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 21 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar a mediodía de hoxe no salón de plenos. Entre eles, acordou conceder 7 licenzas urbanísticas e prorrogar por un ano un total de 60 autorizacións de uso dos hortos municipais de Montealegre e Mariñamansa. Nesta sesión, tratou tamén 5 expedientes de Patrimonio, un de Participàción Cidadá e 6 de Avogacía Consistorial

Licenzas (8)

  • Conceder as licenzas de obra para a rehabilitación dunha vivenda unifamiliar illada na Aldea A Cruz, Castro de Beiro
  • Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de construción dunha vivenda unifamiliar na Urbanización Pazo de Ramirás I
  • Conceder a primeira ocupación por legalización de usos de 2 vivendas na planta baixo cuberta dun edificio na rúa Manuel Murguía
  • Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico de construción dunha vivenda unifamiliar illada na estrada de Reza
  • Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto de demolición e actuacións complementarias nun inmoble na Avenida Rodríguez Castelao
  • Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de reforma do portal e do ascensor existente para mellorar a accesibilidade nun edificio na rúa Juan XXIII
  • Estimar a solicitude dunha particular de declarar a innecesariedade de licenza de segregación da parcela de acceso a 2 naves no Pino

Patrimonio (5)

  • Aceptar a doazón dun prédio para os efectos de proceder á súa inscrición no rexistro da propiedade a favor do Concello
  • Desestimar o recurso dunha particular fronte ao acordo do Concello que desestimou unha reclamación de responsabilidade patrimonial
  • Inadmitir unha reclamación de responsabilidade patrimonial por unha caída na rúa Río, Arnoia, xa que o Concello non é a administración competente para resolvela. As actuacións remitiránselle á Axencia Galega de Infraestruturas.
  • Desestímar outra reclamación, porque non concorren os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización
  • Requirir unha aseguradora a que indemnice o Concello en 4.605 euros polos danos causados por un particular nun cadro eléctrico na rúa Ponte Codesal

Medio Ambiente (1)

  • Prorrogar por un ano 60 autorizacións outorgadas por acordo da Xunta de Goberno Local do día 14 de xullo de 2022 para o uso dos hortos destinados ao público en xeral no parque de Montealegre e en Mariñamansa, Outras 5 decláranse extinguidas porque transcorreu o prazo concedido.

Participación Cidadá (1)

Desistir do contrato de arrendamento dun local

Avogacía Consistorial (6)

Dar conta da representación do Concello nun procedemento abreviado, de 2 sentenzas ditadas polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, doutra do Xulgado do Social número 4 e doutras 2 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Comparte este artigo