HomeOurenseO goberno municipal informa os grupos municipais sobre o estado de tramitación...

O goberno municipal informa os grupos municipais sobre o estado de tramitación do PEPOU

- Anuncio -spot_img

Esta mañá, no Concello de Ourense, tivo lugar a comisión de seguimento do Plan Especial do Sitio de Interese Histórico das Fontes Termais das Burgas e do Conxunto de Interese Histórico da Cidade de Ourense (PEPOU), co obxecto da aprobación das propostas para o nomeamento na nova constitución da comisión de seguimento.

Na reunión, déuselles traslado aos grupos municipais do estado de tramitación do PEPOU, informándoos de que a decisión adoptada foi contratarlle a realización do Plan Especial a un equipo redactor externo, debido á súa complexidade, e aos recursos limitados, tanto humanos como técnicos, cos que conta a administración, o que faría inviable a redacción e aprobación do plan nos prazos establecidos na lei.

Tamén lles comunicou a contratación dunha empresa especializada na elaboración dos pregos necesarios para a contratación do equipo redactor.

O goberno municipal informou tamén a comisión de que, en todo caso, as directrices e o control da redacción deste instrumento de planeamento lles corresponderán aos técnicos municipais asignados á área do PERI.

Publicacións Relacionadas