A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

adminON
Lectura mínima de 1

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar a mediodía de hoxe no salón de plenos. Entre eles, acordou conceder 3 licenzas urbanísticas e 2 prórrogas de comenzo de obras. Nesta sesión, tratou tamén 4 expedientes de Patrimonio, e 10 de Avogacía Consistorial. En Contratación acordouse prorrogar o contrato do servizo e mantemento e conservación da sinalización vertical e horizontal de tráfico do Concello. En Turismo e Termalismo aprobouse o pagamento da cota anual da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA).

Comparte este artigo