Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense O Programa de Termalismo Social da Deputación de Ourense incorpora desde hoxe...

O Programa de Termalismo Social da Deputación de Ourense incorpora desde hoxe o tren Avril

- Anuncio -

Este programa é o único de España que ofrece a posibilidade de tren incluído


O primeiro cuadrimestre desde ano pechouse con 1.800 reservas realizadas desde 11 comunidades autonómas: Andalucía, Asturias, Canarias, Cantabria, Castilla-León, Castilla La Mancha, Galicia, Madrid, Murcia, Navarra, País Vasco e Valencia


A incorporación do tren Avril e o interese por contar nos vindeiros meses cos Avlo estiveron entre os temas tratados nunha reunión que mantivo o presidente provincial, Luis Menor, co director xeral de Renfe Viajeros, Javier Pérez; e o director de Relacións Institucionais de Renfe, José Luis Blanco

A Deputación de Ourense, en colaboración cos balnearios da provincia, ten en marcha desde hai 12 anos o Programa de Termalismo Social, onde se impulsa un factor fundamental para a competitividade do sector termal provincial como é integrar o desprazamento aos establecementos termais. Para acadalo, considerouse o tren como elemento clave, combinando o desprazamento por ferrocarril co transporte desde a estación ata cada un dos balnearios. Precisamente, desde 2015 a Deputación asina un convenio anual con Renfe que permite a inclusión do billete de tren nas estancias termais. É, de feito, o único programa destas características de toda España que contempla esta posibilidade de tren incluído.
Esa posibilidade aumenta agora coa inclusión no Programa de Termalismo Social do tren Avril desde hoxe mesmo, primeiro luns que está en servizo. Esta incorporación non vai supoñer un cambio no prezo estipulado para os beneficiarios do Programa de Termalismo Social.

Así mesmo, o interese por contar nos vindeiros meses cos Avlo, foi outro dos asuntos que abordou o presidente provincial, Luis Menor, co director xeral de Renfe Viajeros, Javier Pérez; e o director de Relacións Institucionais de Renfe, José Luis Blanco, nunha reunión de traballo en Madrid.
Precisamente, para prantexar a incorporación dos Avlo cando estén operativos en Galicia e para planificar o programa 2025 haberá unha nova reunión de traballo entre ambos organismos.

O Programa de Termalismo Social, en cifras

Desde o seu inicio no ano 2013, o Programa de Termalismo Social da Deputación de Ourense ten suposto unha importante contribución ao sector termal da provincia. Nestes anos, participaron no programa máis de 22.000 persoas, o que se traduce en máis de 75.000 pernoctacións e máis de 200.000 técnicas termais administradas.

No que atinxe aos datos económicos, o Programa de Termalismo Social ten aportado máis de 6 millóns de euros de impacto económico directo nos balnearios. Máis do 50% das persoas beneficiarias viñeron de fóra da provincia e delas, máis da metade utilizaron o tren integrado no programa.

Nos primeiros catro meses desde ano 2024, pecháronse 1.800 reservas realizadas desde 11 comunidades autónomas: Andalucía, Asturias, Canarias, Cantabria, Castilla-León, Castilla La Mancha, Galicia, Madrid, Navarra, País Vasco e Valencia.

Incorporación de novas modalidades

Desde o inicio contempláronse dúas opcións segundo os tipos de balnearios: con aloxamento ou sen el. Así, a modalidade máis completa do Programa é a de Estancias Termais de 6 días, que inclúe 5 noites de aloxamento, pensión completa e 10 técnicas termais con asesoramento médico.

Tamén con aloxamento púxose en marcha a modalidade de fin de semana, baixo o nome de “cultura termal”, porque iso é o que persegue: facilitar o coñecemento e o aprecio polos balnearios, xerando unha cultura de coñecemento termal.

Por último, a terceira modalidade, pensada e deseñada para os balnearios sen establecemento hostaleiro, é a de Tratamentos Terapéuticos, de 10, 20 ou 35 tratamentos respiratorios, reumatolóxicos ou dermatolóxicos, todo iso con revisión e orientación médica incluída.

Todas as persoas que queren solicitar o programa de estancias de 6 días ou o Programa de tratamentos sen aloxamento, só ten que cumprir unha condición, ser maior de 50 anos, podendo ir ao balneario acompañados doutra persoa de calquera idade. Para o programa de fin de semana o solicitante non ten que cumprir o requisito de ter cumpridos os 50 anos.

O novo equipo de goberno do presidente Luis Menor apostou polas novas modalidades de “termalismo contra a soidade non desexada” e polo “termalismo inclusivo”.

Relacionadas

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

A Deputación abre este venres o prazo para solicitar as axudas para a realización...

0
Con esta liña de subvencións, por concorrencia competitiva, o goberno de Luis López busca fomentar o turismo na provincia distribuíndo axudas que ascenden a...

A Deputación recibe este domingo 28 de xullo a 140 cativos de 29 concellos...

0
Durante seis días os pequenos desfrutarán nas instalacións do Grove dun amplo programa con actividades educativas, culturais, deportivas e formativas Os campamentos da Lanzada da...

A Deputación leva este sábado a Budiño ata Moaña e a Dakidarría ata Tomiño...

0
O concerto de Budiño terá lugar ás 23:30 horas no Paseo marítimo de Moaña e o de Dakidarría ás 22:30 horas na Praza do...

Publicacións Relacionadas