A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

adminON
Lectura mínima de 3

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos.

Licenzas (8) Conceder 3 licenzas de obra para os proxectos de construción dunha vivenda unifamiliar no Camiño Arrieiros, dunha edificación anexa a unha unifamiliar no Lugar de Paradela, destinada a almacén, garaxe e maquinaria agrícola, e para a instalación dun ascensor nun edificio na Avenida de Bos Aires. Tamén concedeu a licenza de ocupación para a legalización do uso residencial para vivendas nun edificio da rúa Mercado e estimou 4 solicitudes de declaración de innecesaridade de licenza urbanística de segregación, relativas a 3 parcelas, nas rúas da Cruz, do Campo e Montederramo, e a un local na planta baixa dun edificio na rúa Bonhome.

Aperturas (1) Conceder a licenza de obra menor para a mellora da accesibilidade dun local no baixo dun inmoble na rúa da Paz.

Patrimonio (1) Estimar parcialmente unha reclamación de responsabilidade patrimonial e recoñecer unha obriga por importe de 500 euros.

Participación Cidadá (1) Aprobar as bases e a convocatoria de subvencións a asociacións de veciños para o funcionamento e a realización de programas ou actividades a favor do asociacionismo veciñal para o ano 2025

Avogacía Consistorial (12) A Xunta de Goberno Local deu conta de dúas sentenzas ditadas polo Tribunal Supremo e dun auto do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1. Tamén foi informada de que o Concello foi emprazado para comparecer en nove procedementos diante dos xulgados do Contencioso Administrativo número 1 e 2 de Ourense, do número 2 de Vigo, e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Fóra da orde do día (1). A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar a execución do proxecto integral para a dixitalización e mellora da eficiencia en materia de xestión do ciclo integral da auga en Ourense. Esta actuación ten un orzamento total de licitación de 5.905.648, 21 euros, IVE engadido, e está financiada parcialmente pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Recuperación Next Generation EU, dentro do programa de axudas a proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga (PERTE dixitalización do ciclo da auga). Tamén se aprobaron os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e a apertura do procedemento de adxudicación.

Comparte este artigo