HomeOurenseO Concello informa dun intento de estafa a través dun falso anuncio...

O Concello informa dun intento de estafa a través dun falso anuncio sobre transporte urbano que circula por redes sociais

- Anuncio -spot_img

Aconsella non pulsar o link e lembra que este tipo de informacións, de seren certas, serían comunicadas nas contas oficiais do Concello

O Concello de Ourense informa que desde hai días está a circular polas redes sociais un suposto anuncio de “Transporte Público de Ourense” no que se anuncia “Transporte gratuíto para os residentes de Ourense e arredores”. Trátase dun anuncio falso e dun intento de estafa.


O Concello de Ourense aconsella non premer na ligazón nin na noticia para non caer nas mans dos ciberdelincuentes e lembra que este tipo de anuncios, de seren certos, serán comunicados polo Concello de Ourense a través das súas contas oficiais.

Publicacións Relacionadas