A Xunta pon en valor o evento “Impact Campus Galicia” a prol do emprendemento ligado ao territorio na liña da futura estratexia para dar pulo a este ecosistema

Redacción
Lectura mínima de 1

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe na entrega de premios que tivo lugar no marco do evento sobre emprendemento Impact Campus Galicia, que conta co impulso da Xunta. Ata o próximo domingo, o concello de San Xoán de Río e a estación de montaña de Manzaneda acollen unha convivencia de persoas e entidades do ecosistema emprendedor da man da Deputación de Ourense, do Concello de San Xoán de Río e de Impact Social Cup, un dos movementos de emprendemento de impacto positivo máis relevante de España e Europa.

A directora xeral destacou as máis de 100 persoas previstas entre emprendedores, investidores, empresas, estudantes, artistas e deportistas galegos co obxectivo de mellorar e dar visibilidade a novas iniciativas innovadoras que dean resposta aos retos do rural, propostos pola comunidade local. Destacou que a acción concorda coa futura Estratexia de emprendemento ligado ao territorio de Galicia, que nace da designación de Galicia como Rexión Emprendedora Europea 2025.

Comparte este artigo