Tamén abrirán a Feira do Libro, a actividade Somos GOU Fest, o mercado medieval, as atraccións festivas e a xincana de inchables
As actividades ocasionarán cortes de tráfico en varias rúas da cidade
As Festas de Ourense 2025 comezarán mañá, mércores, 18 de xuño, cunha xornada na que destacan o pregón de Luis Zahera, ás 22.30 horas, nos exteriores do Pavillón dos Remedios, a actuación en dobre sesión da orquestra Olympus (21 e 23.20 h) e o espectáculo de drons, ás 23 h. Pola mañá, a programación de actividades comezará coa Feira do Libro de Ourense, no Parque de San Lázaro e a actividade Somos GOU Fest nas Mercedes. Pola tarde, abrirán ao público o mercado medieval nos exteriores do Pavillón dos Remedios, as atraccións festivas, na zona do Parque Barbaña, e a xincana de inchables, no Parque xunto á Ponte Romana (na beira pontina). Tamén haberá unha exhibición de baile Dantzari ás 20 h nos exteriores do Pavillón dos Remedios.
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES
11.00 a 14.00 e 18.00 a 21.30 h. Parque San Lázaro. Feira do libro de Ourense. O acto de inauguración da feira será ás 13.00 h
11.00 a 14.00 h. Parque das Mercedes. Festival de Emprego Xuvenil: SomosGOU Fest, organizado por Cruz Vermella coa colaboración do Concello.
17.30 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios Mercado medieval de Ourense (abrirá todos os días de 11 a 23 h, agás o domingo, que rematará ás 23.00 h, con actividades e pasarrúas)
18.00 a 21.00 h. Parque xunto á Ponte Romana (na beira pontina). Xincana de inchables. A causa das condicións climatolóxicas, a actividade será de 18 a 21 horas, en vez de 17 a 20 h.
19.00 a 2.00 h. Parque Barbaña. Atraccións
20.00 a 21.00 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios. Exhibición de baile Dantzari
21.00 a 22.30 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios. Baile coa orquestra Olympus.
22.30 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios. Pregón das festas: Luis Zahera.
23.00 a 23.20 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios. Espectáculo de drons. Recoméndase a visualización desde a Ponte Romana.
23.20 a 01.00. Exteriores do Pavillón dos Remedios Baile coa orquestra Olympus.
Cortes de tráfico
A programación de actividades das Festas de Ourense ocasionarán cortes de tráfico mañá en varias rúas da cidade:
- Polas orquestras e concertos, a rúa Rúa Pardo de Cela estará pechada ao tráfico no treito comprendido entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do mundo (xunto ao Pavillón dos Remedios), até o luns, 23 de xuño.
- Polas atraccións festivas: pecharanse ao tráfico o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Porto Carreiro, desde a Travesía Portocarreiro B até a rotonda da rúa Fonte do Bispo, mañá, desde as 19.00 h.
- Polo espectáculo de drons, momentos antes das 23.00 h, pecharanse ao tráfico a Ponte do Milenio, a rotonda do acceso centro coa Nacional 120, desviando os vehículos pola rúa Castro Canseco; e a Nacional 120, á altura da rotonda coa rúa Pablo Iglesias, desviando o tráfico por Díaz de la Banda.
Toda a información sobre os cortes de tráfico das Festas en: