As Festas de Ourense 2025 continuarán mañá xoves coa actuación de Gramola DJs, mercado medieval, feira do libro, atraccións festivas e xincana de inchables

adminON
Lectura mínima de 3

As actividades ocasionarán cortes de tráfico en varias rúas da cidade

As Festas de Ourense 2025 vivirán mañá, xoves, 19 de xuño a súa segunda xornada cunha programación formada pola actuación de Gramola DJs (Ballesteros, Pablo Marques e Diego Mirón), de 23.00 h a 03.00 horas nos exteriores do Pavillón dos Remedios, xunto coas citas diarias da Feira do Libro de Ourense no Parque de San Lázaro, o mercado medieval nos exteriores do Pavillón dos Remedios, as atraccións festivas na zona do Parque Barbaña, e a xincana de inchables no Parque xunto á Ponte Romana (na beira pontina).

PROGRAMA DAS FESTAS DE OURENSE – XOVES 19 DE XUÑO

· 11.00 a 14.00 e 18.00 a 21.30 h. Parque San Lázaro.

Feira do libro de Ourense.

Programa da feira: https://ourense.gal/media/filer_public/15/93/1593f7b9-57b4-44e7-a6e2-898345b86d73/programa_feira_do_libro.pdf 

Ademais, durante a feira, realizaranse actividades relacionadas coa reciclaxe: teatro, obradoiros, contacontos, maxia, recital poético, xogos e moito máis, nunha acción conxunta de Feiras do Libro de Galicia, Ecourense e o Concello. Toda a información en: 2025-06 residuos tótem copy

· 11.00 a 00.00 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios 

Mercado medieval (abrirá todos os días de 11.00 a 00.00 h, agás o domingo, que rematará ás 23.00 h, con actividades e pasarrúas de 11.00 a 23.00h)

Programa do mercado: https://ourense.gal/media/filer_public/51/00/5100545a-7a86-4468-85e2-1a54199523f3/programa_mercado_medieval.pdf

· 18.00 a 21.00 h. Parque xunto á Ponte Romana (na beira pontina).

Xincana de inchables.

· 19.00 a 2.00 h. Parque Barbaña.

Atraccións

· 23.00 a 03.00 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios

Gramola DJs: Ballesteros, Pablo Marques e Diego Mirón

Cortes de tráfico. 

A programación de actividades das Festas de Ourense ocasionará cortes de tráfico mañá en varias rúas da cidade:

  • Polas orquestras e concertos, a rúa Rúa Pardo de Cela estará pechada ao tráfico no treito comprendido entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do mundo (xunto ao Pavillón dos Remedios),  até o luns, 23 de xuño.
  • Polas atraccións festivas: pecharanse ao tráfico o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Porto Carreiro, desde a Travesía Portocarreiro B até a rotonda da rúa Fonte do Bispo, desde as 19.00 h.

Toda a información  sobre os cortes de tráfico das Festas en:

As Festas de Ourense ocasionarán cortes de tráfico desde o martes na rúa Pardo de Cela e na contorna do Parque Barbaña

Comparte este artigo