A Deputación de Ourense leva ao Museo Galego do Entroido unha exposición sobre as cornamusas primitivas e a súa pegada na historia da civilización

Redacción
Lectura mínima de 3
NAUGURACIÓN EXPOSICIÓN CORNAMUSAS PRIMITIVAS O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, e o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, participan na inauguración da exposición “Cornamusas Primitivas: Historia da civilización”. Tamén participan no acto Beatriz Fernández Fernández (Conselleira da Presidente en Ourense), Amador Diáz (Alcalde de Xinzo de Limia), Xose Luis Foxo (Director da Real Banda de Gaitas), Marco Foxo (Gaiteiro) No Museo Galego do Entroido (Xinzo de Limia), Fernandoi Dopico (Director da Escola de Gaitas de Xinzo), Jorge Taboada Pazos (Tenente da Garda Civl en Xinzo) e Diego García Conde (Sarxento da Garda Civil).

A mostra, procedente do Museo Internacional de Cornamusas da Escola Provincial de Gaitas, está aberta especialmente orientada a centros educativos e visitas de turismo cultural, e reúne exemplares procedentes de diferentes territorios e culturas do mundo, entre eles o País Vasco, El Gastor (Cádiz), Landas de Gascoña, Romanía, República de Mari-El, Xeorxia, Sardeña (Italia), India, Dalmacia, Túnez, Persia, Croacia, Suecia, Illas gregas, Anatolia, Ucraína e Malta

A Deputación de Ourense inaugurou no Museo Galego do Entroido, en Xinzo da Limia, a exposición “Cornamusas primitivas: historia da civilización”, unha mostra organizada coa finalidade de dar a coñecer os fondos do Museo Internacional de Cornamusas da Escola Provincial de Gaitas da institución provincial.

Ao acto de apertura asistiron o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, e o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, quenes destacaron “o valor cultural e didáctico” desta exposición.

A mostra reúne exemplares procedentes de diferentes territorios e culturas do mundo, entre eles o País Vasco, El Gastor (Cádiz), Landas de Gascoña, Romanía, República de Mari-El, Xeorxia, Sardeña (Italia), India, Dalmacia, Túnez, Persia, Croacia, Suecia, Illas gregas, Anatolia, Ucraína e Malta. Cada instrumento incorpora un código QR que permite acceder a interpretacións orixinais de instrumentistas de cada cultura, así como á historia e características de cada unha das pezas.

A exposición complétase cunha mostra fotográfica sobre a iconografía da gaita na Península Ibérica a partir do século XIII, ofrecendo unha visión histórica e cultural da evolución deste instrumento tradicional ao longo dos séculos.

O Museo Internacional de Cornamusas da Deputación de Ourense alberga unha das coleccións máis significativas do mundo, tanto pola variedade instrumental como polos seus elementos pictóricos, pregos de cordel e arquivo histórico audiovisual. Ademais, neste museo consérvanse e móstranse gaitas desaparecidas nos seus países de orixe que foron reconstruídas seguindo documentación histórica.

A exposición ten carácter didáctico e está especialmente orientada a centros educativos e visitas de turismo cultural, reforzando así a difusión do patrimonio musical e cultural. Estará a disposición do público ata o 30 de xuño 2026, podendo ser prorrogable.

Como nota destacada, desde a posta en marcha da alta velocidade ferroviaria en Ourense, o Museo Internacional de Cornamusas situado no Campus Universitario está a rexistrar un incremento significativo de visitantes, consolidándose como un referente cultural e turístico da provincia.

Comparte este artigo