Cortes de tráfico das rúas Parada Justel pasado mañá, domingo, e Bispo Carrascosa, o luns

adminON
Lectura mínima de 1

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a rúa Parada Justel estará pechada ao tráfico pasado mañá, domingo, 12 de maio, pola ocupación da vía cun camión guindastre para a retirada dun guindastre torre.

O luns, 13 de maio estará pechada ao tráfico a rúa Bispo Carrascosa pola ocupación da vía cunha bomba de formigón e formigoneira para a execución das obras do Museo Arqueolóxico.

Comparte este artigo