Escolares ourensáns celebran o Día de Rosalía no salón de plenos do Concello con poemas e cancións inspirados na figura e a obra da autora

adminON
Lectura mínima de 1

Sesenta escolares de centros concertados de Ourense festexaron esta mañá a celebración (mañá, venres, 23 de febreiro), do Día de Rosalía, nun acto organizado pola Coordinadora de equipos de dinamización da lingua galega de Ourense. No salón de plenos, recitaron poemas da autora homenaxeada e cantaron temas inspirados nos seus versos, na súa figura e nas súas obras. Mozos e mozas levaron despois os versos á rúa cantando os temas no Centro Histórico. No propio Día de Rosalía (o venres 23 de febreiro) celebraranse máis actos conmemorativos nos respectivos centros escolares. A concelleira de Educación, Tamara Silva, asistiu á actividade.

Comparte este artigo