As festas, organizadas coa colaboración do Concello de Ourense, xuntaron miles de persoas nos eventos musicais
O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome, fai unha valoración das festas da Ponte na honra de Santiago que tiveron lugar esta fin de semana: “un éxito absoluto de público”.
Catro días de eventos musicais, desde o día 24 de xullo até o domingo 27 congregaron a miles de persoas no barrio máis populoso da cidade.
O alcalde quere salientar as noites do mércores e do sábado, vésperas de festivo, por seren as que máis xente congregaron: “Máis de 5000 persoas en dous eventos simultáneos, orquestra e Dj”, destacou o alcalde.
As festas da Ponte foron organizadas coa colaboración do Concello de Ourense.

