Luis Menor destaca o termalismo como “produto imbatible” e anuncia o primeiro programa termal en España para persoas con Deterioración Cognitiva Leve

adminON
Lectura mínima de 4

O presidente provincial participou na xornada territorial de formación e sensibilización do proxecto de experiencias de turismo da FEMP

Representantes da rede de vilas termais puxeron en valor o benestar, a sustentabilidade, a dixitalización e a innovación como piares estratéxicos do plan de termalismo

O Centro Cultural Marcos Valcárcel serviu de punto de encontro de experiencias e boas prácticas

O presidente da Deputación de Ourense, #Luis Menor, puxo en valor o termalismo como “produto imbatible” para a provincia e para o conxunto de vilas termais, durante a xornada territorial de formación e sensibilización do proxecto de Experiencias de Turismo da FEMP. O encontro, no que participaron representantes da rede de vilas termais e axentes do sector turístico, analizouse o Plan de Turismo Termal da FEMP, a Plataforma Formativa e o Sistema de Intelixencia Turística.

Luis Menor destacou entre os resultados esperados co plan termal da FEMP a sustentabilidade, a lexitimación, a formación e a saúde económica nos territorios. “Se somos capaces de traballar coordinados e compartindo experiencias, temos un gran produto, o termalismo”, sinalou o presidente provincial.

Doutra banda, #Luis Menor fixo referencia ás posibilidades de desestacionalización do turismo que ofrece o plan termal da FEMP, así como as oportunidades de explorar outro tipo de ofertas complementarias ao termalismo.

O obxectivo desta estratexia turística, dixo o presidente, é “converter as nosas vilas termais en referentes globais de benestar, dixitalización, innovación e sustentabilidade”.

Neste sentido, os eixos do proxecto da FEMP son promover o desenvolvemento de experiencias turísticas máis sostibles que contribúan ao impulso da economía local, a promoción da igualdade, a cohesión territorial, o aproveitamento e a posta en valor de recursos termais, e, no caso das zonas rurais, o afianzamento da poboación.

Camiño a seguir tras o Respiro Termal para afectados pola DANA

O presidente da Deputación fixo balance do primeiro programa de “Respiro Termal” para maiores afectados pola DANA, tras recibir a semana pasada a 50 veciños de Massanassa, un dos municipios máis afectados polo desastre. Estes usuarios gozaron duns días de descanso no balneario de Arnoia, a través dunha iniciativa de mellora da saúde emocional, 100% subvencionada pola institución ourensá.

Neste sentido, Menor sinalou a “satisfacción” de ver que a administración pública “foi de utilidade para os que agora máis o necesitan”. Así, o presidente provincial anunciou hoxe que o camiño para seguir desde a Deputación en materia social irá nesta liña, informando os asistentes do impulso ao primeiro programa de termalismo en España para persoas con Deterioración Cognitiva Leve, que asistirán a centros termais para traballar o seu corpo e cerebro.

Balance

Luis Menor tamén aproveitou as xornadas para facer balance das oportunidades da Alta Velocidade para Ourense, sinalando o AVE como “elemento de competitividade” para o termalismo.RENFE para facer do tren, e agora tamén do AVE, un elemento de competitividade para o sector termal ourensán.

Ademais, lembrou a recentemente inaugurada Oficina Termal AVE, a primeira de España destas características nunha estación de tren, exclusivamente dedicada á promoción do termalismo. A Deputación aspira a que por este espazo, á entrada da estación, pasen máis de 100.000 viaxeiros.

Comparte este artigo