Free Porn
xbporn
Home Ourense Luis Menor e José González pechan a campaña para as Eleccións Europeas...

Luis Menor e José González pechan a campaña para as Eleccións Europeas logo de máis de 50 actos e a participación de máis de 3.000 persoas

- Anuncio -

·        O líder popular mostrou a súa satisfacción pola capacidade do PP para programar quince días de intensa actividade, nos que se celebraron algo más de medio cento de actos na provincia: “Demostramos que para este partido non hai eleccións de segunda nin terceira”

·        José González, incidiu no compromiso do Goberno galego por acadar un emprego de calidade, impulsar a competitividade do tecido comercial e por reforzar a aposta polo retorno das galegas e galegos do exterior para a traer talento á terra.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, participaron esta tarde en Bande nun encontro comarcal cara ás Eleccións Europeas do próximo domingo, co que os populares ourensáns pecharon quince días de intensa actividade nos que se celebraron algo más de medio cento de actos na provincia coa participación de máis de 3.000 persoas.

Un dato -o número de actividades- que o propio Luis Menor non quixo que pasara desapercibido, “xa que demostramos que para este partido non hai eleccións de segunda nin terceira”. Nestas europeas, abondou, “xogámonos moito máis que unha ampla representación popular en Europa; xogámonos o respecto ás decisións da cidadanía, ao estado de Dereito, á igualdade e á convivencia”.

Ourense, dixo o líder provincial,  vai demostrar o domingo, unha vez máis, “que  prefire gobernos comprometidos coas súas xentes e non partidos que fuxen do veredicto das urnas”. A provincia necesita dun partido forte en Europa para que se sigan impulsando políticas de cohesión, “como as que nos permitiron desenvolver en todos estes anos proxectos europeos de gran interese”, remarcou Menor.

COMPROMISO DO GOBERNO GALEGO POLO EMPREGO DE CALIDADE

José González, incidiu no compromiso do Goberno galego por acadar un emprego de calidade, impulsar a competitividade do tecido comercial e por reforzar a aposta polo retorno das galegas e galegos do exterior para a traer talento á terra.

Nesta liña, puxo como exemplo iniciativas en marcha como as de apoio ao emprendemento, entre elas, os Polos, o asesoramento e cualificación das persoas emprendedoras e a busca de novas alternativas de negocio mediante a implantación de proxectos piloto como colivings e coworkings.

Ademais destacou a aposta da Xunta por avanzar na escoita activa con todos os sectores e na reactivación do diálogo social para mellorar todas as políticas en beneficio da comunidade. Neste sentido, José González subliñou que o PP está traballando arreo por Galicia, pola provincia de Ourense e, en particular por Bande, impulsando e dinamizando a economía, fomentando o emprego por conta allea e o autónomo, simplificando os trámites e a percepción das axudas.

Relacionadas

Primeiro ano de goberno: Luis Menor pon en valor o novo modelo de financiamento...

0
Para o presidente da Deputación, o balance demostra “que somos coherentes e consecuentes” coa folla de ruta marcada ao comezo do mandato Asegurou sentirse orgulloso...

Cubertas todas as prazas da XI edición do curso de actividades auxiliares de agricultura...

0
O Inorde e Cáritas poñen en marcha, coa colaboración nesta ocasión da Fundación Inditex, a XI edición do curso en técnicas básicas e operacións...

Comezan as festas en Santa Mariña do Monte

0
Desde mañá día 18 ao 22 de xullo terán luar as festas na honra de Santa Mariña Os festexos que contan coa colaboración do Concello...

O Concello de Ourense recibe o recoñecemento a 40 anos de Tai chi...

0
O tenente de  alcalde e concelleiro de deportes Anibal Pereira recibiu a distinción que se lle concede o Consello Municipal de deportes. O primeiro tenente...

O programa das festas da Ponte contará cunha ampla animación musical

0
Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 o sábado 27 de xullo Desde o mércores 24 o barrio da Ponte e toda la cidade de...

O Comité político-técnico do transporte metropolitano convida aos Concellos de Esgos e Nogueira de...

0
O Comité político-técnico para desbloquear a situación do transporte metropolitano en Ourense activado pola Deputación convidou aos Concellos de Esgos e Nogueira de Ramuín...

Publicacións Relacionadas