Free Porn
xbporn
Home Ourense Luis Menor pide “máxima concentración” ante unha nova cita coas urnas para...

Luis Menor pide “máxima concentración” ante unha nova cita coas urnas para dicirlle alto e claro a Europa que “queremos gobernos serios e que respecten o Estado de Dereito”

- Anuncio -

● “Non nos despistemos”, subliñou o presidente provincial, “pois se gaña Sánchez e os seus socios, perdemos todos”. O Partido Popular, dixo, “sempre sae a gañar, mentres outros só procuran estar, sen importarlles os problemas e necesidades dos cidadáns”

● Pediu a mobilización do partido, “unha vez máis”, para demostrar que o PP de Ourense segue medrando en apoio, “como hai case catro meses, cando fixemos presidente a Alfonso Rueda e seguimos poñendo sentidiño en Galicia”

O líder dos populares ourensáns, Luis Menor, pediu hoxe en Celanova “máxima concentración” ante a nova cita coas urnas do próximo 9 de xuño con motivo das eleccións ao Parlamento Europeo. Unha ocasión máis para dicirlle a Europa, alto e claro, “que queremos gobernos serios e que respecten o Estado de Dereito”.

Luis Menor mantivo en Celanova un encontro cos membros do comité comarcal e militantes desta zona da provincia para explicar a importancia dunhas eleccións nas que “o voso voto é a resposta da cidadanía que aposta pola convivencia, e iso é tan importante a nivel de Estado como en calquera concello”.

Nesta liña advertiu que “non podemos estar de costas a Europa”, xa que as políticas que se desenvolven en Bruxelas nos afectan a todos e en todos os ámbitos, como o agrario, o forestal, nos servizos sociais ou nas infraestruturas.

“Non nos despistemos”, subliñou o presidente provincial, “pois se gaña Sánchez e os seus socios, perdemos todos”. O Partido Popular, dixo, “sempre sae a gañar, mentres outros só procuran estar, sen importarlles os problemas e necesidades dos cidadáns”.

Luis Menor pediu a mobilización do partido, “unha vez máis”, para demostrar que o PP de Ourense segue medrando en apoio, “como hai case catro meses, cando fixemos presidente a Alfonso Rueda e seguimos poñendo sentidiño en Galicia”. Unhas eleccións, as autonómicas, “coas que enviamos un mensaxe moi claro a toda España: o traballo, a estabilidade e o rigor trunfan por riba dos populismos e o desgoberno”.

Relacionadas

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

O alcalde de Ourense recibe a xogadora ourensá internacional Carlota Álvarez

0
A xogadora do Club Hockey Albor de Ourense vén de proclamarse subcampiona de Europa sub 21 de hockey herba O alcalde de Ourense, Gonzalo P....

Comezan catro días de festas na Ponte na honra de Santiago Apóstolo

0
Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 ao sábado 27 de xullo Os locais de hostalería ampliarán o seu horario por un máximo de dúas...

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 8 acordos na súa sesión ordinaria...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 8 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar ás 8.30 h...

O Pleno aproba os convenios de colaboración que permitirán construír sete residencias para maiores...

0
A institución provincial investirá 2.650.916,95 euros nas anualidades de 2024 e 2025 para cofinanciar a construción de centros para maiores na Gudiña, A Teixeira,...

Publicacións Relacionadas