Home Ourense Luis Menor, proclamado único candidato á presidencia do PP de Ourense

Luis Menor, proclamado único candidato á presidencia do PP de Ourense

- Anuncio -

A comisión organizadora do 19º Congreso provincial extraordinario do Partido Popular de Ourense acordou hoxe por unanimidade proclamar a Luis Menor como único candidato á presidencia do PP ourensán. Seguindo o establecido no artigo 20 do regulamento do conclave, a comisión puido comprobar que o precandidato reúne “os apoios estatutarios e regulamentariamente requiridos”.

Entre estes requirimentos figura conseguir un mínimo de 75 avais entre os afiliados, estar adherido ao partido desde hai máis de 12 meses e estar ao corrente do pagamento das cotas e achegas por cargo.

O acordo da Comisión Organizadora supón que non se convocarán asembleas de votación de precandidatos entre os afiliados inscritos.

Na reunión tamén se convocou a campaña electoral interna para a elección do presidente do PP de Ourense, período que principiará mañá sábado, 22 de xuño, e rematará o 3 de xullo.

Relacionadas

O Concello fixa os servizos mínimos nos autobuses urbanos para a folga estatal do...

0
O Concello de Ourense fixou os servizos mínimos no servizo de autobuses urbanos ante a folga de ámbito estatal do sector de transporte, que...

Os representantes institucionais do PP de Ourense comprometen a protección, defensa e promoción do...

0
• Luis Menor explicou que para esta primeira Interparlamentaria escolleuse como eixo o mundo rural “porque falamos do 80 % da provincia, cun inmenso...

O pleno da Deputación amplía o plan de mantemento e mellora da rede provincial...

0
O aumento dos recursos destinados a este programa consta nun dos tres expedientes de modificación de crédito aprobados hoxe pola Corporación provincial no pleno...

O Concello establece os servizos mínimos durante a folga do persoal funcionario prevista para...

0
Pon de manifesto que o persoal laboral non poderá exercer o dereito de folga por non ter sido convocado polos seus representantes sindicais Esta mañá...

A Xunta de Goberno Local aprobou 14 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 14 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de...

Luis Menor reafirma o compromiso da Deputación con Xantar, “instrumento imprescindible para poñer en...

0
O presidente provincial lembrou no acto de inauguración oficial do 25º Salón Internacional de Turismo Gastronómico que esta efeméride coincide tamén coa do Inorde,...

Publicacións Relacionadas