O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial a Paula Ginzo, xogadora de baloncesto ourensá internacional coa selección española.
Menor felicitou á pivote do Club Baloncesto Jairis polos seus logros profesionais, entre os que destaca a súa participación en dous Campionatos de Europa (conseguindo unha prata en 2023) e nos Xogos Olímpicos de 2024.
Ginzo xa comezou a xogar na posición de ala nos propios Salesianos de Ourense, ata que o equipo se desfixo e pasou ao Carmelitas Vedruna. Con 14 anos medía xa preto de 1,90 metros e destacaba no equipo ourensán e nas categorías inferiores da selección galega. Neste sentido, o presidente provincial puxo en valor o seu “éxito continuado” dende os seus inicios ourensás.
Recentemente, Ginzo foi campioa da Copa da Raíña e seleccionada para xogar a Eurobasquet 2025.
O presidente provincial destaca o “orgullo” de “referentes ourensás” como é o caso de Ginzo e subliña a importancia do deporte como un dos “grandes eixos estratéxicos” da Deputación de Ourense.