O presidente provincial, Luis Menor, recibiu hoxe aos representantes da Agrupación de Xóvenes Avogados de Ourense, onde escoitou as súas reivindicacións profesionais.
No encontro, que tivo lugar no Pazo Provincial, participaron a presidenta, Lucía Álvarez Lorenzo; e os vogais Sofía Velasco Martínez e Francisco José Rodríguez González.
Menor salientou o traballo que están a levar a cabo os xóvenes que comezan a súa andaina profesional na Avogacía, apuntando que na Deputación atoparán escoita e apoio no marco das competencias da institución provincial.

