Luis Menor: “Simple e sinxelamente, o goberno de Sánchez é a maior ameaza para a igualdade neste país”

adminON
Lectura mínima de 3

● O presidente do PP provincial sinalou que en “Ourense loitamos e loitaremos por facer realidade un roteiro de compromisos”, porque “o voto pídese, pero logo hai que devolvelo en forma de proxectos e servizos, para todos, sen distincións de ningún tipo”.
● Explicou que Galicia deu un auténtico exemplo de defensa da súa dignidade outorgándolle ao Partido Popular unha maioría absoluta coa que gobernar sen sometementos nin chantaxes.
● Ese sentido común que en Galicia chamamos “sentidiño” é o que nos levou a gritar nas pasadas eleccións “xa abonda”. Un berro pacífico, pero contundente, co que advertimos que non imos permitir que se concedan máis dereitos a quen somete ao Estado e defenden a súa destrución.
● “Simple e sinxelamente, o goberno de Sánchez é a maior ameaza para a igualdade neste país”, proclamou.
● Con actos como este imos seguir denunciando todos eses cheques en branco que asina Sánchez e que din “páguese ao portador por manterme na Moncloa”.

● Nin temos nin queremos chequeiras en branco que nos convertan nunha ameaza para a igualdade de todos os españois”.

● A portavoz do grupo municipal do PP no Concello de Ourense, Sonia Ogando, subliñou o “gran paradoxo” que é que a primeira cidade galega á que chegou o AVE, en decembro de 2021, “sexa a última que vai contar cunha estación intermodal moderna e reformada”.
● Definiu este feito como “autopropaganda e escusas do desprezo maiúsculo á cidadanía de Ourense”, exemplificado cando sen rubor o Goberno de Sánchez suspende a licitación da ampliación dos pasos de Ramón Puga e Tarascón, alegando desde o ano 2022 que hai que actualizar os prezos do proxecto.
● Os de Ramón Puga e Tarascón son dous simples exemplos do desprezo co que trata este Goberno á cidade de Ourense. Dous proxectos máis entre moitos centos, seguro, pero moi importantes para o desenvolvemento desta capital.
● E hai moitas máis necesidades, explicou, pero os ourensáns “atoparán eco nun Goberno de maioría, serio, rigoroso e “Comprometido con Ourense”, que cumprirá coas doce promesas reflectidas por escrito e asinadas por Alfonso Rueda e #Luis Menor. O primeiro dos compromisos, a senda peonil de Reza, xa comezou a dar os seus primeiros pasos.

Comparte este artigo