Home Ourense Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións no fogar na caravana Planeta ODS

- Anuncio -
  • A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do Concello
  • A través de dinámicas educativas interactivas coñecerán medidas para evitar lesións no fogar e desprazarse de xeito seguro, san e sostible

Fundación MAPFRE, en colaboración co Concello de Ourense, pon en marcha -no marco do seu programa educativo PLANETA ODS- a Caravana Planeta ODS, unha actividade educativa gratuíta, cun enfoque gamificado e experimental, que ten como obxectivo achegar ao alumnado dos colexios de Ourense a seguridade viaria, a prevención de lesións non intencionadas dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Esta mañá tivo lugar a apertura da actividade, que se desenvolverá até o venres, día 10, no Parque do Barbaña, de 9.30 horas a 18.00 horas, para recibir a visita de grupos de escolares de 3º a 6º de Primaria) e público en xeral.

Durante as visitas, os educadores transmítenlles aos escolares os coñecementos necesarios para comprender os ODS, valorar a súa importancia e relacionalos coa mobilidade, ao tempo que se fomenta a súa capacidade de reflexión, de iniciativa e o traballo en equipo. A visita pretende ser unha experiencia inmersiva, na que a aprendizaxe está baseada na gamificación, a cooperación e a experimentación.

Os escolares participantes, xunto co profesorado, percorrerán tres espazos diferentes, desenvolvendo en cada un deles unha actividade práctica didáctica. “O enigma da galería virtual”, é un Escape Room no que se lles propoñen enigmas relacionados coas temáticas da actividade e que teñen que resolver colaborando uns con outros. Na segunda, “A aventura da prevención no Fogar Virtual”, móstranse diferentes situacións relacionadas coa prevención de lesións non intencionadas e realízanse actividades en formato de desafíos interactivos, que deben resolver en grupo.

A terceira zona é o Circuíto Interactivo de Mobilidade 3S: segura, sa e sostible con sinais de tráfico, bicicletas e patinetes (VMP). Neste circuíto hai zonas peonís e rúas para que os nenos aprendan a desprazarse de maneira segura como peóns e como condutores de bicicletas e patinetes. Ademais, contarase coa colaboración de axentes da Policía Local. En definitiva, un total de 90 minutos de diversión e aprendizaxe cooperativo para previr lesións infantís e levar a prevención aos escolares do municipio.

Esta mañá tivo lugar a presentación da actividade no Parque Barbaña, nun acto que contou coa asistencia da concelleira de Educación, Tamara Silva, director xeral territorial de MAPFRE, Luis Carlos Tortajada, o director territorial, Miguel Ángel Talabante, o xefe de actividades de Prevención e Seguridade Viaria da Fundación MAPFRE, Antonio García, a representante da Fundación MAPFRE en Ourense, Gloria Santos, o xefe provincial de Tráfico, David Llorente Rey, a intendente xefa da Policía Local de Ourense, María Barrera, o tenente Carlos Nogueiras e o capitán Javier Barja do Subsector de Tráfico da Garde Civil, e José Olivier Reboredo, xefe provincial de Protección Civil.

Relacionadas

Luis Menor e Lete Lasa revisan no Pazo Provincial proxectos en infraestruturas deportivas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron hoxe unha xuntanza no...

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no...

A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de 250 participantes

0
O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Maceda, na presentación da XV BTT de Maceda – Copa Deputación que se...

O escultor ourensán Xosé Cid presenta o catálogo “Silencio e materia” que recompila os...

0
O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou hoxe na presentación deste catálogo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde...

Publicacións Relacionadas