Home Ourense Manuel Outumuro chega ao Marcos Valcárcel coas súas lembranzas de neno e...

Manuel Outumuro chega ao Marcos Valcárcel coas súas lembranzas de neno e unha escolma do seu traballo fotográfico

- Anuncio -

O prestixioso fotógrafo inaugura a mostra “O anxo que nunca fun” mañá mércores ás 20.30h, co apoio da Deputación e do Festival de Cine de Ourense OUFF

O fotógrafo ourensán Manuel Outumuro é o protagonista da exposición “O anxo que nunca fun”, que se inaugura oficialmente este mércores, 18 de setembro, ás 20:30 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, froito dun traballo de colaboración entre o autor, a Deputación e o Festival de Cine de Ourense (OUFF).
Tiveron que pasar trinta anos de intensa produción fotográfica, de numerosos e merecidos recoñecementos á súa mestría no retrato e a fotografía de moda, para que Manuel Outumuro se decidise a explorar unha cuestión esencial que, desde hai anos, se pregunta incesantemente. De que forma a súa Galicia natal e as circunstancias da súa nenez influíron na súa forma de ser e ver o mundo?
Recibir na súa terra de orixe o premio Ourensanía 2022 foi o estímulo que necesitaba para por fin darlle resposta. En O anxo que nunca fun, puido afrontar creativamente as súas interrogantes e compartilas nesta exposición e libro, desenvoltas grazas á Deputación e ao Festival de Cine de Ourense (OUFF).
O proxecto iníciase con Lembranzas, unha poética colección de 13 fotografías acompañadas de relatos persoais, coa que Outumuro nos abre as portas da súa infancia. O autor explora os seus recordos máis temperáns, que permaneceran aletargados a causa da súa incesante actividade profesional, e permite recoñecer neles as súas primeiras experiencias de aprendizaxe, cales foron os seus desexos máis íntimos, quen os seus grandes cómplices e como a natureza, a tradición e a fantasía marcaron os seus primeiros anos de desenvolvemento.
Unha segunda colección de fotografías titulada Escolmas complementa e redondea este proxecto.
Máis dun centenar de imaxes atopadas no seu arquivo, realizadas no contexto de encargos profesionais, para medios de comunicación ou editoriais e catálogos de moda foron coidadosamente seleccionadas como testemuño da grande influencia visual que Galicia exerceu, consciente ou inconscientemente, na realización e aspecto do seu traballo. O seu inmenso legado fotográfico, revisitado coa perspectiva dos anos, dá boa mostra diso. Só agora, Outumuro toma plena conciencia de que os seus recordos son, en moitas ocasións, a inspiración que arroupa as súas imaxes e ambienta as súas reportaxes.
A exposición estará aberta ao público dende o 18 de setembro de 2024 ao 6 de xaneiro de 2025.

Relacionadas

A Xunta de Goberno aproba un proxecto de modificación orzamentaria de 16 millóns para...

0
O goberno municipal subliña que esta cantidade, en todo caso, é sensiblemente inferior á que se tería pagado se o servizo tivese sido licitado Tamén...

A Deputación de Ourense ratifica o seu compromiso coas áreas industriais co novo estacionamento...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou a parcela na que se situará unha infraestrutura de relevancia para o desenvolvemento da área...

A carreira popular do San Martiño requirirá pechar ao tráfico numerosas rúas da cidade...

0
O primeiro corte será ás 5.00 horas nas rúas Pardo de Cela, Ponte do Milenio, glorieta de Nexus e os seus accesos Ás 10.00 horas...

A programación do Magosto requirirá pechar ao tráfico un treito da rúa do Progreso...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a programación de actividades do Magosto 2024 requirirá pechar ao tráfico rodado rodado un...

Luis Menor, na conferencia de Manuel Pimentel sobre agricultura, reivindica a riqueza do campo...

0
Na presentación do ciclo de conferencias "Conversaciones: Quo Vadis…?", o presidente provincial puxo en valor a calidade dos produtos agrícolas como factor determinante para...

O goberno municipal aprobará mañá en Xunta de Goberno o Plan de Estabilización de...

0
O goberno municipal do Concello de Ourense aprobará mañá, venres, en Xunta de Goberno Local o plan de estabilización de emprego temporal, mantendo os...

Publicacións Relacionadas