O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome, acompañado pola concelleira de educación Tamara Silva recibiron onte na Casa do Concello a Pablo Freire Fernandez, brillante estudante ourensán de 4º da ESO do IES As Lagoas, quen vén de acadar unha das medallas de prata colectiva na prestixiosa Olimpíada Matemática Mundial, celebrada en Australia.
Un recoñecemento que sitúa a Ourense no mapa da excelencia académica xa que foi o millor dos 6 integrantes da equipa nacional española, o cal pon de manifesto o talento da mocidade da cidade.
–Unha traxectoria brillante nas Matemáticas
Pablo Freire non é novo neste tipo de competicións. A súa paixón e aptitude polas matemáticas levárono a acumular unha impresionante traxectoria nas olimpíadas nacionais. Na Olimpíada Matemática Española, Pablo conseguiu destacadas participacións que o converteron nun referente a nivel estatal. Estes éxitos foron a antesala da súa brillante actuación a nivel mundial, onde representou a España como parte dun equipo de seis estudantes.
Na Olimpíada Matemática Mundial, Pablo foi o estudante español con mellor resultado, resolvendo catro dos seis problemas propostos.
A delegación española tivo dúas medallas grupales de prata, dous bronces (tamén colectivos) así como unha mención de honra, novamente grupal, o cal subliña o alto nivel da representación do país.
Tratábase de un torneo por equipas nacionáis, e os galardóns individuáis otorgábanse por pasar certos listóns. Dos aproximadamente medio millar de participantes, nas Olimpiadas Matemáticas otórgase medalle de oro a todos os participantes que estén ente o 8% millor e medalla de prata a aprox. o 20% que acade millor resultado dos participantes, como fixo o ourensán.
Segundo o mesmo ourensá siñala, estivo preto de meterse no corte de obter unha medalla colectiva de ouro estivo moi preto, e a consecución dun quinto problema podería ser posible de non ser pola xustiza do tempo de permanencia en Australia en comparación con outras delegacións que gozaron de máis días para adaptarse e preparar as probas.
-Un esforzo e dedicación exemplares
O logro de Pablo é froito dunha dedicación excepcional. Durante o curso académico, adestraba unha media de catro horas diarias, mentres que nas vacacións chegaba a dedicar ata dez horas ao día ao estudo e á resolución de problemas. Esta preparación intensiva foi clave para alcanzar o nivel necesario para competir na elite matemática mundial.
Pablo agradeceu o recoñecemento do Concello e compartiu as súas experiencias na competición, así como a súa paixón polas matemáticas. Expresou tamén a súa preocupación por manter este ritmo de dedicación ao pasar ao Bacharelato, onde as esixencias académicas para obter unha boa media e acceder á carreira de Matemáticas poderían facer máis difícil compaxinar o estudo coa preparación para estas olimpíadas. Neste sentido, botou en falta un réxime especial ou de elite para estudantes con este tipo de habilidades, similar ao que existe para os deportistas.
-Ourense, orgullosa do seu Talento
Durante a recepción, o alcalde Pérez Jácome felicitou persoalmente a Pablo Freire polo seu extraordinario logro, destacando o esforzo, a dedicación e o talento que representa para a cidade. “É un orgullo para Ourense contar con mozos coma Pablo, que demostran que a paixón, talento, traballo e constancia dan os seus froitos a nivel mundial. A súa medalla colectiva de prata é un exemplo e unha inspiración para todos os estudantes da nosa cidade”, afirmou o rexedor.
Os gastos de viaxe da delegación española na Olimpíada Matemática Mundial foron asumidos por España, mentres que o aloxamento correu a cargo da cidade receptora en Australia.
Este tipo de recoñecementos, ademais de celebrar o éxito individual, serven para visibilizar a importancia da educación e o apoio ao talento emerxente na nosa sociedade. O vindeiro mes de setembro, Pablo Freire continuará coa súa brillante traxectoria, xa que participará na competición Iberoamericana en Chile.