HomeOurenseOurenseO alcalde destaca o “éxito tremendo” do Magosto 2025, que congregou máis...

O alcalde destaca o “éxito tremendo” do Magosto 2025, que congregou máis de 10.000 persoas no Centro Histórico

- Anuncio -spot_img

Repartíronse ao redor de 2 toneladas de castañas, 1.200 tapas de callos, 700 racións de porco ao espeto e 2.000 chourizos asados

“Levamos o san Martiño a outra dimensión”, resume Gonzalo Jácome

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, valorou de forma moi positiva o desenvolvemento e a acollida da programación de actividades organizadas polo Concello para celebrar o Magosto 2025. “Foi un éxito temendo”, en palabras do rexedor, que subliña a extraordinaria participación cidadá nesta cita festiva, que tivo como eixo central a Praza Maior, Bispo Cesáreo e a rúa do Progreso, na contorna da Alameda.

Así, detalla, na parte gastronómica, o alcalde detallou que se repartiron en torno a 2 toneladas de castañas, 1.200 tapas de callos, 700 racións de porco ao espeto e 2.000 chourizos asados. A Praza Maior estivo “a tope” e o público respondeu masivamente ás propostas musicais, que comezaron ás 18.00 horas, coa actuación Brañas Folk e artistas convidados (Verónica Codesal, Pancho Álvarez, María Jorge e o grupo de gaiteiros “De pé feito”, coordinados por Gonzalo Abelairas). A continuación, a Orquestra Olympus puxo o broche musical á xornada, cunha actuación que tivo lugar de 19.00 a 22.00 horas na rúa do Progreso.

“Foi un éxito bestial”, concluíu o alcalde, quen subliñou que máis de 10.000 persoas pasaron polo centro histórico durante esta celebración.

Pérez Jácome pon de manifesto o cambio experimentado nesta festa na cidade ao longo dos últimos anos: “non ten nada que ver con magostos que se facían hai anos, que eran un pequeno acto de reparto de comida, moi modesto e humilde. O Magosto converteuse nunha festa social moi importante e participativa para todos os gustos. O que non toma chourizo toma outra cousa, ao que non lle gusta a música folk, gústalle a orquestra… Hai moitísima variedade e, sobre todo, confluencia de xente. Levamos o San Martiño a outra dimensión”, conclúe o rexedor.

Publicacións Relacionadas