Free Porn
xbporn
Home Ourense O alcalde non volverá convocar a oposición a ningunha xunta de portavoces...

O alcalde non volverá convocar a oposición a ningunha xunta de portavoces no que resta de mandato

- Anuncio -

Adopta esta decisión logo de que os grupos políticos non se pronunciaran  sobre a ORA e o COB

“Non os chamarei máis xa que o que fan é marear a perdiz, non din nada e bloquean os asuntos”, asegura Pérez Jácome

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, non volverá convocar a oposición a ningunha xunta de portavoces no que resta de mandato. O rexedor adoptou esta decisión logo de que, na xuntanza mantida esta mañá, os grupos municipais de BNG, PSdeG_PSOE e BNG non se pronunciaran sobre as propostas que lles trasladara a semana pasada de eliminar a ORA e valorar a posible entrada de novos accionistas no Club Ourense Baloncesto.

O alcalde considera que os grupos políticos “o que fixeron foi marear a perdiz, non pronunciarse en ningún sentido apelando a que necesitan máis informes, facer reunións entre partes, agardar a que se celebre o xuízo pola demanda do Grupo Hereda (accionista do COB), que se formulen alternativas á ORA,… Mareaban a perdiz con escusas interminables”, concluíu Pérez Jácome, quen advirte tamén que estas argumentacións “non teñen sentido xa que se as propostas van a pleno, terán que posicionarse e votar a favor ou en contra”.

Subliña no caso do equipo de baloncesto que os grupos demandaban datos dos accionistas que estarían interesados: “é algo absurdo porque o que temos que decidir é se estamos dispostos a vender as accións do Concello e ofrecelas no mercado para dar entrada a novos accionistas”. Un asunto que ademias, afirma, “non admite moita dilación porque hai que planificar a próxima temporada”.

Neste senso, explica o rexedor, a falta de pronunciamento político dos grupos municipais deixa “bloqueados” os dous asuntos: tanto a supresión da ORA como a posible entrada de novos accionistas no COB.

Ante este escenario, o alcalde comunicoulles os portavoces que ”esta é a última vez que os convoco. No que resta de mandato, nunca máis os chamarei porque o que fan é marear a perdiz, non din nada e bloquean os asuntos”.

Relacionadas

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

O alcalde de Ourense recibe a xogadora ourensá internacional Carlota Álvarez

0
A xogadora do Club Hockey Albor de Ourense vén de proclamarse subcampiona de Europa sub 21 de hockey herba O alcalde de Ourense, Gonzalo P....

Comezan catro días de festas na Ponte na honra de Santiago Apóstolo

0
Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 ao sábado 27 de xullo Os locais de hostalería ampliarán o seu horario por un máximo de dúas...

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 8 acordos na súa sesión ordinaria...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 8 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar ás 8.30 h...

O Pleno aproba os convenios de colaboración que permitirán construír sete residencias para maiores...

0
A institución provincial investirá 2.650.916,95 euros nas anualidades de 2024 e 2025 para cofinanciar a construción de centros para maiores na Gudiña, A Teixeira,...

Publicacións Relacionadas