Home Ourense O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este venres na cidade

- Anuncio -

Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música”

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu no salón de plenos do Concello o guitarrista, compositor e multiinstrumentista Daniel Minimalia, que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, a partir das 20:00 horas, no Teatro Principal da cidade.

O rexedor destacou a excelente traxectoria profesional do artista: “é unha honra que un dos nosos estea vivindo nun mundo tan difícil como é o da música, dando concertos, triunfando e obtendo premios internacionais”, manifestou. “Que leves tantos anos e sigas aí, di moito. Outros son flor dun día, e non é o caso”, asegurou Pérez Jácome, quen lle desexou a Minimalia “o mellor” e “que a xente que vaia ao concerto, o desfrute”.

Daniel Llorente Rey, popularmente coñecido como Daniel Minimalia, naceu en Vitoria en 1983 e residiu en Ourense desde os 3 anos. É autor de 5 traballos discográficos: Akainik (2011), Contos Sonoros (2012), Areas de Lúa (2014), Orixe (2016) e Terra (2020). Obtivo o premio Grammy Latino do ano 2020 como artista e produtor do mellor álbum instrumental Terra, tamén o Hollywood Music Award, en dúas ocasións, e unha medalla de prata nos Global Music Awards, entre outros recoñecementos.

O músico manifestouse moi contento polo recibimento na cidade nos días previos a un concerto que encherá este venres o Teatro Principal: “e será moi emocional, porque o público de Ourense, o da túa casa, é o mais especial”, declarou. Despois continuará coa súa xira internacional, con próximas citas en Alemaña e China.

Relacionadas

O PP esixe que o Concello de Vilar de Barrio cumpra coa legalidade nas...

0
O Partido Popular esixe que o Concello de Vilar de Barrio cumpra coa legalidade no que atinxe ás condicións de traballo das empregadas do...

Luis Menor visita diversas accións e obras realizadas en Leiro a través do Plan...

0
Tal e como sinalou o presidente provincial, o Concello de Leiro recibirá máis de 700.000 euros a través do Plan de Cooperación, “que con...

O Auditorio acollerá esta fin de semana dous concertos: a Wind Rock Band do...

0
O Auditorio Municipal de Ourense acollerá esta fin de semana dous espectáculos musicais: os concertos da Wind Rock Band (que terá lugar o venres,...

O Concello convoca o concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas do Desfile...

0
O Concello de Ourense convoca o concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas que participen no desfile do Domingo de Entroido, que percorrerá...

A Deputación de Ourense estrea nova páxina web, facilitando unha relación mais directa coa...

0
A nova páxina é máis visual, con acceso áxil ás diversas seccións e ofrecendo diferentes opcións de navegación como uns menús superior e inferior...

O carril bus da rúa Curros Enríquez estará pechado ao tráfico por obras mañá,...

0
O carril bus da rúa Curros Enríquez, desde a rúa Samuel Eiján até a Avenida da Habana, estará pechado ao tráfico por obras mañá,...

Publicacións Relacionadas