A empresa Misturas retoma desde hoxe as obras da Avenida de Portugal

Redacción
Lectura mínima de 1

A empresa ourensá Misturas será a encargada de retomar e rematar gran parte das obras da Avenida de Portugal, segundo adiantou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

Ao longo da xornada de hoxe, a firma —relacionada coa tamén ourensá Extraco— procederá a realizar un levantamento topográfico para analizar o estado actual dos traballos. Ademais, o equipo técnico realizará un inventario de materiais, recolocará os medios auxiliares e supervisará os valados e as pasarelas, co obxectivo de levantar a acta de inicio que permita traballar con normalidade e de forma manual a partir da semana que vén.

O alcalde explicou que esta intervención por emerxencia busca que a rúa quede completamente operativa desde o punto de vista da seguridad. Así mesmo, Pérez Jácome asegurou que a nova adxudicataria traballará a un “ritmo superior” ao da anterior empresa para axilizar o avance das obras.

Comparte este artigo